Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Consello escolar

Consello Escolar, eleccións 2008: Proclamación definitiva de resultados

Na reunión do 25 de novembro, a xunta electoral proclamou
oficialmente os resultados seguintes:

 

  1. Sector de Alumnado:
    • Candidatos elixidos:
      1. Domingo González Blanco - 55 votos
    • Candidatos non elixidos:
      1. Non houbo

Consello escolar, eleccións 2008: Proclamación definitiva de candidatos e sorteo da mesa electoral

Na reunión do 19 de novembro, a xunta electoral tomou as resolucións seguintes:

  1. Acórdase proclamar a candidatura a representante do alumnado presentada por:
    1. Domingo González Blanco.
  2. No sorteo para a elección dos membros da mesa electoral resultaron elixidos:
    1. Samuel Sambade Caamaño
    2. María Rodríguez Lourido

    Suplentes:

    1. Daysi Marisela Güiracocha Caamaño
    2. Ariadna Leis Capelo

Consello escolar, eleccións 2008: Proclamación provisoria de candidatos

Na reunión do 14 de novembro, a xunta electoral tomou as resolucións seguintes:

  1. Acórdase proclamar a candidatura a representante do alumnado presentada por:
    1. Domingo González Blanco.
  2. Acórdase modificar o censo do alumnado retirando do mesmo dúas alumnas que se trasladaron a outro centro e que estaban en 1º B e en 2ºB.

Consello escolar, eleccións 2008: Nota informativa sobre a composición do novo consello escolar

O Consello Escolar do centro muda de composición debido a que este ano contamos con menos de oito unidades, polo que o número de representante será os seguinte:

 

 

Representantes

Profesorado

2

Alumnado

1

Pais e nais

1

Concello

1

Os representantes do profesorado e de pais e nais non os hai que escoller porque os postos cóbrense cos xa existentes, polo que só hai que escoller un representante do alumnado. Os candidatos non elixidos pasarán a formar parte dunha lista ordenada polo número de votos e entrarán no Consello Escolar se o representante elixido causa baixa.

Consello escolar, eleccións 2008: Calendario electoral

Na reunión do 5 de novembro, a xunta electoral aprobou o calendario electoral seguinte:

  • Xoves 6 de novembro:

    • Apertura do prazo para a presentación de candidaturas.

    • Exposición do censo electoral.

  • Do xoves 6 de novembro ao xoves 13

    • Admisión de candidaturas.

  • Venres 14 de novembro. proclamación provisoria de candidaturas.

  • Luns 17 de novembro e martes 18 de novembro: reclamacións.

  • Mércores 19 de novembro:

    • Proclamación definitiva de candidaturas.

    • Sorteo dos membros da mesa electoral.

  • Luns 24 de novembro: eleccións.

  • Martes 25 de novembro: proclamación oficial de resultados.

  • Martes 2 de decembro: constitución do consello escolar

Consello escolar, eleccións 2008: Resultados do sorteo público para a elección dos membros da xunta electoral

O día 3 de novembro de 2008 celebrouse o preceptivo sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral do IES “Lamas de Castelo” de Carnota, co seguinte resultado:

1. Representantes dos pais/nais:

1. Titular: Luís Rodríguez Pérez

2. Suplente: María del Mar Fernández Carpintero

2. Representantes do profesorado:

1. Titular: Mª Luz de la Iglesia García

2. Suplente: Benjamín García Menéndez

3. Representantes do alumnado:

1. Titular: Domingo González Blanco

2. Suplente: Noelia Fernández Casais

4. Representantes do persoal de
administración e servizos:

1. Titular: Mª Dolores López Pousada

2. Suplente: Verónica Salgado Rodríguez

 

Faise constar para coñecemento de todos os membros da comunidade escolar.

A xunta electoral constituirase o mércores 5 ás 11.15 en Dirección.

Consello escolar, eleccións 2008: Anuncio do sorteo público para a elección dos membros da xunta electoral

Segundo o disposto na Resolución do 1 de setembro de 2008 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, comunícase que o sorteo público para a elección dos membros da xunta electoral do IES "Lamas de Castelo" de Carnota celebrarase en:

DATA: 3/11/2008

HORA: 11.30h.

LUGAR: Secretaría

 

Carnota, 27 de outubro de 2008

Reunión do Consello Escolar

O mércores 22 ás 17.00 celebrarase unha reunión ordinaria do Consello Escolar do instituto.

Consello escolar, eleccións 2008: Anuncio

Anuncio

A resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa do 1 de setembro de 2006 (DOG do 18) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros do noso consello escolar.

As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa (profesorado, pais/nais, alumnado e persoal de administración e servizos) celebraranse entre os días 24 e 28 de novembro. A data exacta será decidida pola xunta electoral, que se constituirá o día 4 de novembro.

As convocatorias e o resto da información (non os censos electorais) aparecerá na páxina web do instituto.

Documentación:

Data: 15/10/2008

Distribuir contido


by Dr. Radut