Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Consello escolar, eleccións 2008: Anuncio

Anuncio

A resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa do 1 de setembro de 2006 (DOG do 18) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros do noso consello escolar.

As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa (profesorado, pais/nais, alumnado e persoal de administración e servizos) celebraranse entre os días 24 e 28 de novembro. A data exacta será decidida pola xunta electoral, que se constituirá o día 4 de novembro.

As convocatorias e o resto da información (non os censos electorais) aparecerá na páxina web do instituto.

Documentación:

Data: 15/10/2008



page | by Dr. Radut