Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Anuncio do inicio do proceso de eleccións dos membros do Consello Escolar do IES Lamas de Castelo

A resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa do 6 de setembro de 2010 (DOG do 24) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros do noso consello escolar.

As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa (profesorado, pais/nais, alumnado e persoal de administración e servizos) celebraranse entre os días 24 e 28 de novembro. A data exacta será decidida pola xunta electoral, que se constituirá o día 4 de
novembro.

As convocatorias e o resto da información, excepto os censos, aparecerá na páxina web do instituto.

Carnota, 8 de outubro de 2010

O presidente do Consello Escolar

Francisco José Calvo Rúa



book | by Dr. Radut