Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Animación á lectura

Usando libros da biblioteca na aula

Curso 2022-23

27 Marzo: Promoción da lectura - Día dos Autores Europeos

ImaxeDía dos Autores Europeos

Na web do Portal Educativo da Xunta de Galicia fanse eco dunha nova iniciativa  da Comisión Europea, o Día dos Autores Europeos, para promover a lectura entre a mocidade e dar a coñecer a riqueza cultural e lingüística europea.

O acto será o 27 de marzo de 2023.

En que consiste esta iniciativa? A Comisión Europea fai un chamamento á participación dos centros de ensino secundario de todos os estados membros da UE nun momento de lectura en voz alta dun libro (de autoría europea) de libre elección, compartindo ese momento coa maior cantidade de persoas posible. Nós optamos por facelo nas aulas e/ ou na biblioteca, participando o maior número de materias e departamentos posible. 

Todos os centros educativos estamos convidados á participación activa e a compartir a experiencia no formato que decidamos, enviando un correo electrónico con fotos ou vídeos e unha breve descrición a EAC-DAY-OF-THE- EUROPEAN-Authors@ec.europa.eu. Por iso, sacaremos algunha foto ou vídeo dos momentos de lectura, para compartilo a nivel oficial.

Velaquí algunhas obras e autores/as europeos que lemos nas aulas:

 

Familias lectoras

Familias lectoras

Dende aquí convocamos ás familias para que se animen a utilizar os fondos da nosa Biblioteca Escolar, para ler libros e revistas, ver películas e documentais en DVD... o que queirades!  E, xa que estamos, coñecernos algo mellor.

Curso 2020-21: Folleto informativo (decembro 2020)

Información xeral sobre o préstamo na nosa biblioteca: 

Biblioteca Inclusiva

Facendo da nosa unha biblioteca máis inclusiva

Xa levamos varios anos adquirindo fondos pensados para necesidades especiais, apadriñamentos lectores, orientación e para as familias... etc. Pero este ano recibimos unha partida para adquirir fondos para facer ainda máis inclusiva a nosa biblioteca. Velaquí algúns exemplos do material que conseguimos:

Ficción inclusiva:

Ness, Patrick: Un monstro vén a verme. [Aceptar o cancro]. Ed. Kalandraka, 2017. 

Ruter, Pascal: El corazón en braille. [Amizade entre adolescentes e enfermidades dexenerativas]. Ed. Anaya, 2017.

 

 

Novela inclusiva (non-ficción):

Laborit, Emmanuelle: El grito de la gaviota. [O mundo, visto e vivido dende unha xordeira profunda] Ed. Seix Barral, 2018.

 

 

 

Apadriñamentos lectores:

Neira Vilas, Xosé: O xardín de Irene. [Poesía para nenos]. Edicións Embora, col. Fardel dos soños, 2015

Dufresne, Rhéa; Chebret, Sébastien: Las palabras importan un poco, mucho, muchísimo... [Boa educación, maneiras]. Ed. Tramuntana, 2019.

Pintadera, Fran e Inarja, Christian: Cándido e os demais. Kalandraka ed., 2018.

Rubio, Antonio e Villán, Óscar: Froitas. Kalandraka ed., 2019

Bianki, Diego: Quebracabezas. Kalandraka ed., 2018

 

 

Lectura fácil: (Libros para nenos aos que lles custa ler, e que precisan adquirir vocabulario dunha maneira integrada dentro da propia lectura da historia. Velaquí esta páxina, onde podedes atopar máis información e ideas sobre o tema)

Hermann Melville (adaptado por J. Lorman): Moby Dick [Lectura fácil]. Ed. Almadraba, 2009.

María Peralta Vidaurreta: As cores prohibidas [Lectura fácil]. Ed. La mar de fácil, 2019.

Miguel Mosqueira e Mark Wiersma: Sira e o robot: III-On fire! Ed.Bolanda, 2019.

 

Necesidades especiais :

Mauri Kunnas: Dicionario ilustrado-toleirán (Galego-inglés). Urco Editora, 2016

Alicia Suárez: Nicolás cociña sen lume. [Libro de cociña con pictogramas]. Ed. Kalandraka, col. Bata. 2019 

Paula Ventimiglia: Morriña. [Conto ilustrado sen texto] Hércules de Ediciones; col. Novas Lecturas, 2019.

Luis Vallecillo e Celtia Figueiras (ilustrado por Blanca Millán): Cantamos? (Libro-disco con pictogramas). COGRAF, 2018.

Asociación de Gaiteiros Galegos: Pelo gato 24. Cantigas e xogos para nenos (Libro-CD+DVD). PAI Música edicións, 2008

APAMP (Asociación): Elisa no mundo das marabillas. Ed. Galaxia, 2017

 

Psicoloxía e orientación :

Élodie Durand: El paréntesis (BD) [Vivir coa epilepsia]. Ed: Sins entido, 2011.

 

Pedagoxía :

Tomás, XoManual de Escola, 2 (BD)Edita: AS-PG, 2019.

Tonucci, Francesco (Frato): Cando os nenos din basta! Kalandraka eds., 2020. 

Luri, Gregorio: La escuela no es un parque de atracciones. Ed. Ariel, 2020

 

 

 

Identidade persoal :

Catherine Castro, Quentin Zuttion: Llamadme Nathan (BD). [Temática LGTBI]. Astiberri Ediciones, 2019.

José Luis Graña Muíño: A vida é dura antes dos 18. [Adolescencia] Edicións Fervenza, 2019.

Emmanuelle LaboritEl grito de la gaviota. Ed. Seix-Barral, 2015.

 

 

Para as familias :

Mª Luisa Ferrerós: Pórtate bien. El método a medida para entender y educar a tus hijos[Educación e comportamento]. Ed. Booket, 2006

María Corbacho (Ilustrado por Enrique López): Vida sa! Desde a infancia e para sempre. Hércules de Ediciones, 2017.

Paloma Sainz Vara del Rey: Mindfulness para niños. Ed. Booket, 2019

Martin L. Kutscher e Marcella Moran: Como organizar al niño desorganizado. Estrategias sencillas para triunfar en la escuela. Ed. Oniro, 2011.

Jaume Funes: Quiéreme cuando menos lo merezca... porque es cuando más lo necesito. Ed. Booket, 2020

 

Xogos : 

MAHALO. Juego Ho'oponopono para toda la familia. Ed. Anaya multimedia, 2019

Ti non es de aquí? e Ti non es de aquí? (edición Xunior). OZOCOgz, 2018.

 

 

Selección de recursos :

 

Inclusión e Down:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2019/11/08/b6e99ea5405c088101ec0088e0ae70dd.pdf 

 

Dislexia:

Protocolo da Xunta para a intervención psicoeducativa   

 

Inclusión e TEA:

http://www.psie.cop.es/uploads/murcia/Intervenci%C3%B3n%20TEA.pdf

http://www.educa.jcyl.es/crol/es/recursos-educativos/guia-profesores-alumnos-trastornos-espectro-autismo.ficheros/544800-GUIA%20Profes%20TEA.pdf

 

Acoso:

Infancia e adolescencia: como recoñecer o acoso.

 

Ciberacoso:

Campaña de sensibilización sobre a difusión de contido na rede (Xunta) 

Fondos STEAM 2019 na nosa biblioteca escolar

 

Novos fondos sobre ciencia

Na nosa biblioteca estivemos recibindo material relacionado coa temática da ciencia (ciencia en xeral, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas, polasúasiglas en inglés) a cargo dos "fondoSTEAM-2019". Velaquí algúns exemplos do material adquirido:

Ciencias

Ciencias en xeral: A ciencia do día a día. Autor/es: López Rigo, Caterina. Edicións Xerais de Galicia, 2019.

 

Ciencias Naturais e Bioloxía: 

Transición ecolóxica. Autores: Frémeaux, Philippe / Kalinowski, Wojtek / Lalucq, Aurore. Catro Ventos editora, 2016

BiodiversidadeAutor: Huet, Sylvestre / Braña Montaña, Miguel Catro Ventos editora, 2017

O libro dos océanosAutora: Gonstalla, EstherCatro Ventos editora, 2018

Micro algasAutora: Pisón, XuliaEdita: Universidade da Coruña,2018 

Xuízo aos humanos. Autores: Jáuregui, José Antonio / Jáuregui, EduardoCatro Ventos editora 2017

Le cerveauAutoras: Beaumont, Émilie / Franco, Cathy.Ed.: Fleurus 2019. Col.La grande imagerie

Bioloxía (xenética): 

Si tú me dices gen lo dejo todo. Autores: Big Van Científicos Sobre Ruedas / Arsuaga, Juan Luis /  Pérez Vergara, Enrique (Flipy) / The big van theory. Ed.: La esfera de los libros, 2014

Les experts scientifiques. Autores: Albert, Jean-Paul Ayadi-Takerkart, Saubahe. Editorial: Fleurus2018.

 

Física e Química: 

Moléculas. Autor: Gray, Theodore Ed.l: Vox, 2015.

La guía manga de la físicaAutor/es: Takatsu, KeitaNitta, HideoEdiciones Gondo2010.

E fixemos a luz! Autor: Bará, Salvador. EditaUSC, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 2015.

Astronomía: 

Cosmos. Autor: Sagan, Carl. Editorial Planeta, 2018.

Tecnoloxía

 Énergies. Autoras : Cathy Franco; Émilie Beaumont. Ed. Fleurus, 2018. Col.: La grande imagerie

 

Enxeñería

 Aprende electrónica e robótica educativa. Autor: Montero Miguel, Roberto. Edicións Xerais de Galicia 2019

Arte

Magritte. Autor/es: Zabus, Vincent Campi, Thomas. Norma Editorial 2017

Léonard De Vinci. Autoras: Beaumont, Émilie Franco, CathyEditorial: Fleurus 2018. Col.: La grande imagerie

Historia del arte en cómic, vol.1Autor: Cifuentes, Pedro. Desperta Ferro Ediciones 2019 

Entender o cómic. Autor: McCloud, Scott. Rinoceronte Editora,2011 

Tinta de luz. Autores: Cáccamo, Pepe / Cáccamo, Berta. Editorial: Chan da Pólvora 2017

 

Matemáticas

Mate-glifos. Autores: Alonso, Nicanor / Mirás, Miguel. Edicións Xerais de Galicia, 2019. 

A cabana(xogo manipulativo). Autora:Fernández Alvarez, Irimia . Ed.Brazolinda xogos, 2019

O arrecife(xogo matemático) AutoraFernández Alvarez, Irimia. Ed.Brazolinda xogos 2019 

El hombre que calculaba. Autor: Tahan, Malba. Editorial: RBA Libros, 2018 

 

 

 

Decembro 2019

Boletíns especiais – decembro 2019 / xaneiro 2020

Velaquí unha serie de boletíns que temos preparado para estas datas: 

 Boletín de recomendacións especial de Nadal.

 Boletín especial "Adolescencia e educación" (Colab. Biblioteca-D.O.)

Boletín de recomendacións Librería Gallardo (Muros)

 

Squirrel in the snow ("Cold Nose").jpg

Esquío na neve ("Narís frío"). Foto orixinal de Laszlo Ilyes. CC BY 2.0

https://www.flickr.com/photos/laszlo-photo/4296388051/

https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=29855587

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cita a cegas cun libro

 Semellante a unha cita a cegas… así é un libro.

Este xogo, tamén. Para participar:

  • Introduce o teu nome na urna que hai na sala de profes antes do venres 10 de maio.

  • O luns 13, collerás -colleremos cada un- unha papeleta ao chou que conterá o nome da que persoa á que che tocou regalar un libro;

  • do mesmo xeito, alguén collerá a papeleta que teña o teu nome… e non saberás quen é.

  • Os libros terán que estar colocados para cada agasallado na Biblioteca o día 31 de maio, co nome correspondente e cada un recollerá o seu o entre o mesmo 31 e o 3 de xuño.

...En cada un estará a decisión de desvelar o segredo!!Guiño

 "O agasallo dun libro, ademais dun obsequio, é un delicado eloxio" Anónimo

 

 

Non.

Non queimaremos nunca un libro…

nin o dos amores ridículos,

nin o del buen amor

nin o livro do dessasossego

nin o dos mortos

nin o dos abrazos

nin o das ilusións

 

Non.

Nunca queimaremos un libro xa que…

os libros arden mal.

Natureza morta. Foto orixinal de Horst J. Meuter -

CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/

 

...E, para rematar, velaquí as fotos da cita a cegas cos libros: 

A caixa sorpresa

 

A punto de abrir a caixa

 

Repartindo os libros

 

O profesorado xa descubriu que libro lle tocóu

 

  

 

 

Celebramos o Día do Libro 2019: recomendacións da Biblioteca do Lamas e a A.L.M de Carnota

 

Boletín especial do 23 de abril, Día do Libro

Buchblätter 003.jpg

 

Acabamos de editar un novo boletín especial para celebrar o Día Internacional do Libro e os dereitos de autor. Nel, atoparedes as recomendacións que facemos as bibliotecarias da Biblioteca Municipal de Carnota e nós, as do instituto.

Velo aquí.

Boas lecturas, nestes días tan especiais!

 

Día de Rosalía: 24 de febreiro

O 24 de febreiro celebramos por esta orde : a poesía de Rosalía de Castro, a poesía galega e a poesía en xeral (todo nun!!) cun recital, exposicións temáticas na grella de novidades e boletíns especiais de recomendacións. Este ano, o noso recital foi o pasado lun25 de febreiro, e tivemos como invitadas de honra ás bibliotecarias da A.L.M. de Carnota, Ita e Noemi, xunto coa concelleira de Cultura, Alianza Uhía. 

E, para a ocasión, elaboramos un boletín de recomendacións especial, froito da colaboración entre a Bibliolamas e a Biblioteca Municipal de Carnota. Velaquí.

 Imaxe: Rosalía de Castro (1837-1885).

Acuarela pintada pola súa filla Alexandra. Fundación Rosalía de Castro.

https://commons.wikimedia.org

Boletín especial 14 de febreiro

O 14 de febreiro e os namorados: Romeo & Xulietahttps://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/62/%22Greetings_to_My_Love.%22.jpg/320px-%22Greetings_to_My_Love.%22.jpg

Para celebrar este día dende a Biblioteca, contamos co traballo dun grupo de alumnas e alumnos de ITI de 2ºESO que prepararon coa nosa axuda un boletín especial. Nel, atoparedes todo o que temos na nosa biblioteca, en relación con esta coñecida parella de namorados da historia da literatura.

Velaquí o resultado. Esperamos que vos guste!

Postal antigua de San Valentín

(arredor de 1908). Missouri History Museum

https://commons.wikimedia.org/

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut