Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




blogue dereneehl

30 de xaneiro: recordamos a necesidade de paz!

 

30 xaneiro: Día Escolar da paz

 

Esta é unha data que se adoita celebrar nos centros educativos... porén, non é unha celebración por así dicilo, oficial, pois non hai ningún organismo con autoridade competente que declarara esta data como o "Día da paz". 

De feito, nas nosas buscas na Internet, atopamos algunha referencia a nivel oficial tan só nunhas poucas CCAA, aínda que hai un seguimento irregular promocionado dende certos sindicatos asociados ao ensino, e outro tipo de institucións privadas.

Fonte: USTEA Enseñanza (Unión de Sindicatos de Trabajadoras y Trabajadores de Andalucía). Consultado o 29/01/2024.

Que organismos oficiais son competentes á hora de declarar un "Día de.."? Cando falamos de "Día de...", tendemos a pensar nalgo universal, non si? Pois ben, os organismos competentes a este nivel son entre outros a ONU e a UNESCO.

Entón... Hai un Día Internacional da Paz? Pois claro! Pero é o 21 de setembro. (Buscade máis información na ligazón).

 

O Departamento de Orientación do noso centro organizou unha actividade de lectura pública, buscando poñerlle voz a tantas nenas e nenos que levan falecidos no que vén sendo o peor dos conflitos armados activos na actualidade, a guerra entre Israel e as milicias de Hamas, na franxa de Gaza.

Velaquí algúns dos traballos que levamos facendo dende a materia de Proxecto Competencial, en varios cursos:

     
       

 

Modelo de ficha informativa

Usando libros da biblioteca na aula

Curso 2022-23

Días Internacionais

 

16 de novembro

 

Día Internacional da tolerancia

 

 

 

 

 

Día da Música '09

O Día da Música é unha celebración internacional que ten lugar cada ano o 21 de Xuño, e á que se suman ano tras ano novos países. Esta festividade celebrou este ano a súa vixésimo oitava edición, sendo seguida por más de 100 países.

 

O primeiro país en celebrar de modo oficial este día foi Francia, onde o Día da Música existe dende o ano 1982 gracias ó traballo do Director da Música e da Danza do governo, Maurice Fleuret. Porén, non foi ata o ano seguinte que se fixo oficial, co apoio do entón Ministro de Cultura, Jack Lang.

Persoalmente, levei moito tempo con idea de organizar algunha actividade tomando á música como protagonista. E esta data me deu a ocasión perfecta, así que aproveitando o contexto do Equipo de Biblioteca Escolar do centro, organicei unha pequena actividade de divulgación do evento. Para elo, pedimos a través do correo electrónico a colaboración do profesorado,así como a outros membros da comunidade educativa. A pregunta era moi sinxela:

  • "Se tiveras que escoller unha canción favorita, unha única canción, cal sería e por que?"

Con esta cuestión, surxiron unha serie de propostas que foron traducidas a unha presentación de diapositivase que, xunto á selección musical correspondente, soaron durante os recreos dos días 22 e 23 de Xuño na Biblioteca.Tamén foron mostradas en clase a algúns dos grupos de francés (2ºA e 3º) neses días. A resposta do alumnado foi de curiosidade respecto dos gustos musicais persoais dos colaboradores, así como de sorpresa polos diferentes estilos de música que escoitaron. 

Dende aquí quixera agradecer encarecidamente a súa colaboración a todos aqueles profesores e PAS que tan amablemente atenderon ó meu acoso e derribo coa preguntiña famosa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut