Día da Música '09
O Día da Música é unha celebración internacional que ten lugar cada ano o 21 de Xuño, e á que se suman ano tras ano novos países. Esta festividade celebrou este ano a súa vixésimo oitava edición, sendo seguida por más de 100 países.
O primeiro país en celebrar de modo oficial este día foi Francia, onde o Día da Música existe dende o ano 1982 gracias ó traballo do Director da Música e da Danza do governo, Maurice Fleuret. Porén, non foi ata o ano seguinte que se fixo oficial, co apoio do entón Ministro de Cultura, Jack Lang.
Persoalmente, levei moito tempo con idea de organizar algunha actividade tomando á música como protagonista. E esta data me deu a ocasión perfecta, así que aproveitando o contexto do Equipo de Biblioteca Escolar do centro, organicei unha pequena actividade de divulgación do evento. Para elo, pedimos a través do correo electrónico a colaboración do profesorado,así como a outros membros da comunidade educativa. A pregunta era moi sinxela:
- "Se tiveras que escoller unha canción favorita, unha única canción, cal sería e por que?"
Con esta cuestión, surxiron unha serie de propostas que foron traducidas a unha presentación de diapositivase que, xunto á selección musical correspondente, soaron durante os recreos dos días 22 e 23 de Xuño na Biblioteca.Tamén foron mostradas en clase a algúns dos grupos de francés (2ºA e 3º) neses días. A resposta do alumnado foi de curiosidade respecto dos gustos musicais persoais dos colaboradores, así como de sorpresa polos diferentes estilos de música que escoitaron.
Dende aquí quixera agradecer encarecidamente a súa colaboración a todos aqueles profesores e PAS que tan amablemente atenderon ó meu acoso e derribo coa preguntiña famosa.