30 de xaneiro: recordamos a necesidade de paz!
30 xaneiro: Día Escolar da paz
Esta é unha data que se adoita celebrar nos centros educativos... porén, non é unha celebración por así dicilo, oficial, pois non hai ningún organismo con autoridade competente que declarara esta data como o "Día da paz".
De feito, nas nosas buscas na Internet, atopamos algunha referencia a nivel oficial tan só nunhas poucas CCAA, aínda que hai un seguimento irregular promocionado dende certos sindicatos asociados ao ensino, e outro tipo de institucións privadas.
Fonte: USTEA Enseñanza (Unión de Sindicatos de Trabajadoras y Trabajadores de Andalucía). Consultado o 29/01/2024.
Que organismos oficiais son competentes á hora de declarar un "Día de.."? Cando falamos de "Día de...", tendemos a pensar nalgo universal, non si? Pois ben, os organismos competentes a este nivel son entre outros a ONU e a UNESCO.
Entón... Hai un Día Internacional da Paz? Pois claro! Pero é o 21 de setembro. (Buscade máis información na ligazón).
O Departamento de Orientación do noso centro organizou unha actividade de lectura pública, buscando poñerlle voz a tantas nenas e nenos que levan falecidos no que vén sendo o peor dos conflitos armados activos na actualidade, a guerra entre Israel e as milicias de Hamas, na franxa de Gaza.
Velaquí algúns dos traballos que levamos facendo dende a materia de Proxecto Competencial, en varios cursos:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
MODELO traballo 30xan PAZ-1º.odt | 297.94 KB |
Conflito Israel-Palestina-diapo1.pdf | 161.43 KB |
Conflito Israel-Palestina-diapo2.pdf | 261.27 KB |
Traballo 30xan PAZ-PCOMP1º-p1.pdf | 293.38 KB |
Traballo 30xan PAZ-PCOMP1º-p2.pdf | 305.17 KB |
Conflito Israel-Palestina-diapo1.jpg | 153.78 KB |