Na segunda semana de novembro dedicamos varios recreos a ler historias de medo na biblioteca. Contamos coa participación de algúns alumnos e alumnas pero tamén con algúns profesores e profesoras do centro. Graciñas a todos por participar, así como ao público asistente.
Algunhas das historias que se leron podedes atopalas nos seguintes libros:
Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo
Drácula de Bram Stroker
Historias que ninguén cre e Á lus do candil de Ánxel Fole
Aparicións e Santa Compaña de Xosé Mariño Ferro
... e moitos outros títulos de morte, medo e terror que podedes atopar na biblioteca.
Se vos interesa o tema, vide, explorade, levade, lede!