O mércores, 15 de novembro, de man da campaña de HM HOSPITALES: “LOS MINUTOS DE LA VIDA”, achegáronse profesionais do Hospital HM para formar a máis de corenta rapaces do curso de 3º da ESO do IES LAMAS DE ABADE, unha iniciativa que quere chegar ao maior número de rapaces e rapazas de Santiago para coñecer as medidas a tomar de maneira urxente ante una parada cardiorrespiratoria ou un atragantamento. Durante dúas sesións lectivas, combinando a teoría e a posta en práctica da mesma, os rapaces e rapazas puideron coñecer estas actuacións básicas en situacións de emerxencia sanitaria. É de vital importancia coñecer este tipo de maniobras que poden chegar a salvar vidas.
Da man de expertos na materia, o alumnado puido poñer en práctica a valoración inicial de pacientes, a posición lateral de seguridade, as maniobras en caso de atragantamento e a reanimación cardiopulmonar (RCP).
Dende o centro, agradecemos ao equipo de HM hospitales e aos profesionais que impartiron o curso o seu labor e colaboración na formación das novas xeracións.
A Comunidade Educativa do IES Lamas de Abade, xunto co alumnado e persoal de apoio de ASPANAES, como convidados de honra
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Castañas fóra!!!
Compartimos castañas asadas, caloriño e arrecendo delicioso, receitas de vida saúdable, visitas guiadas aos castiñeiros do IES Lamas de Abade, obradoiros de maquillaxe e perrucaría, tendais de poemas, refráns, ditos populares e debuxos de castañas. Compartimos tamén xogos tradicionais, música e baile. Elaboramos un mural do “Castiñeiro de Castel”, degustamos doces de tempada…
E… sobre todo, compartimos receitas de relación entre nós, momentos de lecer, convivencia e festa.
Xornada de exposicións, con bingo, kahoot,
pirámides interactivas.
A misión do CiMUS é realizar investigacións básicas de calidade contrastada, co obxectivo de lograr avances na prevención, comprensión e tratamento das enfermidades crónicas. Os investigadores do CiMUS son recoñecidos no ámbito internacional no campo da investigación en Biomedicina. María José Alonso e Miguel López, figuran entre os científicos máis citados do mundo recollidos na clasificación Stanford de investigadores.
María José Alonso é a coordinadora do grupo CiMUS, Nanomedicina e Administración de Fármacos. A súa investigación científica implica o uso de nanotecnoloxías para deseñar nanomedicinas innovadoras. Desenvolve novos materiais nanoestructurados destinados a transportar fármacos e antíxenos a través de barreiras biolóxicas e entregalos ao tecido diana. Están especializados na asociación de moléculas delicadas, incluídos péptidos, ARNip e antíxenos, a estes nanoportadores.
Pola súa banda Miguel López é o coordinador do grupo CiMUS, NeurObesity, centrado no campo da obesidade, en particular na regulación hipotalámica do equilibrio enerxético. A principal experiencia do grupo son os neuropéptidos hipotalámicos (especialmente as orexinas), o metabolismo dos lípidos hipotalámicos/AMPK e o estrés do RE.
Comprometidos co labor de divulgación á sociedade da actividade científica desenvolvida no CiMUS e coa finalidade de espertar vocacións científicas entre o alumnado, o programa de visitas escolares está dirixido a estudantes de ESO, bacharelato, instituto de Stembach, FP e universidades. Os alumnos de bacharelato do IES Lamas de Abade foron os primeiros en coñecer a nova tecnoloxía adquirida para o centro, despois da súa presentación oficial para os medios de comunicación. Trátase dunha innovadora tecnoloxía para o manexo de grandes volumes de mostras citolóxicas simultaneamente que contribuirá á obtención de prontos resultados nas investigacións que se levan a cabo.
Actualízase o listado de libros de texto engadindo libros que estaban pendentes de confirmar.
LIBROS DE TEXTO ESO e BACH CURSO 2023/2024
Salón Nobre de Fonseca, 20 de xuño de 2023.
Os alumnos de 1º de Bacharelato do noso Instituto xunto coa súa Profesora Marina Raíces Madriñán, veñen de recoller na aula nobre do pazo de Fonseca, os seus diplomas de participación no proxecto solidario de Micromundo. Ese aula na que se xestou o Primeiro Estatuto de Galicia, onde se entregan os premios “Doctor honoris causa”, onde cada ano se inaugura de forma oficial o curso da compostelana USC, foi o escenario do solemne acto de clausura do traballo levado a cabo este ano por centros de Santiago de Compostela, e, entre eles o IES LAMAS DE ABADE así como os institutos Rosalía de Castro e Xelmírez II.
MicroMundo (www.ucm.es/small-world-initiative) é a adaptación de Service-Learning (ApS) da estratexia de crowdsourcing e ciencia cidadá internacional Tiny Earth (www.tinyearthnet.org). O seu obxectivo esencial de servizo é achegar á sociedade a cultura científica, a perspectiva One Health e a investigación biomédica, incidindo en que os mozos estudantes fomenten a súa vocación pola formación en Graos STEM e pola investigación. A pandemia do COVID-19 e as súas consecuencias puxeron de manifesto a urxencia de achegar á sociedade a cultura científica no ámbito da Biomedicina e da Saúde Pública e implicar ao noso alumnado nesta tarefa.
A nosa participación consistiu na procura de cepas bacterianas nos nosos solos, susceptibles de producir antibióticos contra os que as principais bacterias responsables das máis rebeldes infeccións resistentes ós antibióticos convencionais, que podan ser utilizadas no futuro para combater as tan temidas infeccións hospitalarias. Na conferencia de clausura se fixo moito fincapé na divulgación deste grave problema para a humanidade en xeral nos próximos anos, e na conveniencia de reducir o abuso destes medicamentos tanto a nivel humano como veterinario.
Os nosos alumnos expresaron ante a audiencia a súa gratitude para cos responsables do proxecto destacando a idoneidade de acercar ó alumnado de Bacharelato un proxecto de investigación científica real de carácter universitario. É moi posible que esteamos en proceso de xestar novos científicos que xa se inclinan pola Biotecnoloxía, a Microbioloxía e a Sanidade Ambiental en xeral. Ademais de consolidar con éxito unha comunidade MicroWorld na que os estudantes poden compartir as súas experiencias na difusión do problema da resistencia e na promoción da investigación para o descubrimento de novos antimicrobianos.
Grande foi a competencia dos vídeos presentados a concurso este ano dedicados a “FAMILIAS CON CLASE” en 2º de ESO.
Ven celebrándose este certame desde que no IES Lamas de Abade comezou a impartir a materia de CLIMÁNTICA co obxecto de divulgar a nosa preocupación de conseguir frear as consecuencias deste, instalado xa, cambio climático. Sabemos que non o vamos deter, pero somos persoas esperanzadas porque tamén sabemos que nas nosas mans está facer pequenos xestos que, sumados aos das demais persoas, poden conseguir grandes cambios.
Este curso dedicouse á promoción do que as familias poden aprender do que tratamos en clase. Os alumnos galardoados cos tres primeiros premios levaron uns bonitos premios que lles animará a seguir sendo divulgadores de verdade.
É necesario resaltar que os demais non quedaron á zaga. Houbo moi bos vídeos merecedores de outros tantos galardóns. Foi necesario votar por un desempate para outorgar o primeiro posto. E, simplemente, uns teñen que quedar clasificados antes e outros despois.
PARABÉNS A TODOS!!! Fixéchedes un estupendo traballo. Sodes uns cracks!!!
Durante as últimas semanas do curso, o departamento de Educación Física organizou un torneo entre os alumnos de ESO e 1º BAC.
Os partidos foron moi emocionantes e houbo moita animación, ata se encheu a tribuna!
Cada equipo gañador recibiu o seu trofeo e queremos agradecer a Brais Juncal de 1º ESO a súa elaboración.
A primeira final xogouse entre 1º B ESO e 2º A ESO, e estes últimos foros os vencedores.
A segunda final xogouse entre 3º B ESO e 1º BAC e gañou 1º BAC a penaltis.
Parabéns ós vencedores e a todos os participantes por darnos momentos tan emocionantes!
O pasado 11 de xuño, celebramos no Pazo de Vista alegre o acto de graduación dos nosos alumnos de 2º de BAC da promoción 2021-2023.
Foi un acto moi bonito e cargado de emoción, no que os rapaces puideron rememorar o seu paso polo centro.
Desexámosvos moita sorte a todos e todas nos vosos camiños!
PARABÉNS AO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO POLOS SEUS RESULTADOS NA ABAU
100% DE APROBADOS
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer