Quen es e de onde vés? A importancia dos nomes propios
A cargo do Equipo de Dinamización Lingüística organizouse o mércores 12 de abril un obradoiro para os rapaces de 1º de ESO sobre A importancia dos nomes propios . Foi impartido pola persoa idónea para tal fin, a investigadora Luz Méndez. Ela sabe chegar ós alumnos desa idade e enfocar o tema para ese nivel, como ninguén o sabe facer. Adecuou o relatorio contexto concreto dos nosos barrios para sentírmonos perfectamente identificados
Luz Méndez naceu en Ventosa (Agolada, Pontevedra) en 1965. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Filoloxía Galega en 1988, e se doutorou en 2016. É membro do Seminario de Onomástica da RAG, da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia e membro fundadora da Asociación Galega de Onomástica. Exerceu de profesora na Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo desde 1998 a 2005 e investigadora externa do Instituto da Lingua Galega. Na actualidade participa na elaboración do Dicionario de Apelidos Galegos.
Desde 1989 é Asesora Lingüística da Televisión de Galicia, onde tamén foi directora do programa de lingua Cazador de Palabras e coordinadora do proxecto Atlas Mundial Galego online.
Aínda que ten estudado e escrito sobre distintos ámbitos da filoloxía, a súa actividade investigadora principal céntrase na onomástica, campo en que se desenvolven os seus principais libros, artigos e edicións científicas.
Proba do éxito da súa intervención foi o enxame de mans levantadas co que houbo de pecharse o acto sen poder respostar máis que a media ducia das preguntas que os alumnos tiñan preparadas para a relatora ao respecto dos seus propios nomes e dos nomes das súas aldeas ou das dos seus avós
Cinco dos dezanove galardóns do IX Certame Literario ‘Relatos de Auga Intelixente’ foron para o noso alumnado. Este certame, organizado por Viaqua, estaba dirixido a escolares dos 50 concellos onde a empresa xestiona o servizo de augas. O acto de entrega dos premios tivo lugar a tarde do pasado 11 de abril no Pazo de Raxoi, presidido pola concelleira de medio ambiente, Mila Castro e o director da empresa Viaqua, Iván José Vicente. Ao evento acudiron os premiados acompañados de familiares e representantes dos colexios premiados, asistindo no caso do IES de Lamas a directora Carolina Varela e a profesora de Lingua Galega Ana Mosquera.
A lista de premiados do Lamas queda reflectifda nas fotografías que xuntamos coa noticia, comezando por Icía Lagares, gañadora da súa categoría de "Relato Creativo de 1º e 2º da ESO. Xosé Silva e Maruxa Bravo recibiron o segundo premio da súa categoría e completan o cupo Paula Otero e Xiana Andrade cos terceiros lugares da súa categoría de 4º da ESO e de Bacharelato respectivamente. xurado valorou e manifestou a enorme calidade literaria dos relatos polo que merecen sobradamente os nosos parabéns
El alumnado de 4 ESO, compartió experiencias en las ciudades italianas de Bolonia, Florencia y Milán, tuvieron la oportunidad de descender al universo de Dante, contemplar el río Arno a la caída del sol, conocer la premiada arquitectura del Bosque vertical milanés y bailar al son del "Bella ciao". Felicidades a tod@s por el viaje... Todo recorrido es siempre un encuentro de uno mismo con el resto del mundo y sus reflejos. Buen viaje de la vida a tod@s. (Mensaxe de Ana Gil, Profesora acompañante da viaxe)
E no retorno a nosa viaxe ten sido protagonista na prensa:
O alumnado de Emerxencias Sanitarias e Coidados auxiliares de enfermería visita a base do Pesca 1 en Vigo para coñecer un pouco mais o desempeño profesional do equipo de Gardacostas de Galicia no referente ao salvamento e rescate marítimo. Agradecer a estes marabillosos profesionais a súa calurosa acollida e a gran implicaciòn co noso alumnado.
O pasado xoves día 9, tal e como estaba programado, Mercedes Corbillón abríu o ciclo de "Charlas na biblio" falando de libros y cronopios ante o alumnado de 1ª Bach.
IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL
A cuarta charla das IV xornadas do Departamento de FOL, tivo de título Conflitos laborais: resolución.
Para impartila contamos con Xavier Castro, abogado laboralista con máis de 4000 casos defendidos, e unha ampla experiencia en temas laborais.
Na conferencia o noso alumnado puido coñecer de primeira man como se desenvolve un xuízo, e aproximarse a realidade a través de algúns exemplos prácticos.
Consideramos importante que os rapaces comproben que todo o que aprenden no módulo de FOL está intimamente ligado a realidade laboral e o seu futuro profesional.
IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL
Nestas terceiras xornadas acollemos unha conferencia de especial interese para o alumnado de sanidade sobre a problemática no acceso ás profesións sanitarias.
As delegadas de CIG saúde, explicaron dun xeito moi claro e educativo, todos os requisitos de acceso as listas de contratación do Sergas, o xeito de anotarse, os cursos que puntúan etc.
Por todos os que teñen relación con esta familia profesional de sanidade, é sabido da complexidade e a importancia que ten coñecer ben o sistema de elaboración de listaxes para o sector público.
Dende logo podemos dicir, que foi unha charla do máis produtiva para o noso alumnado, e que saíron encantados dela.
O pasado venres 24 de febreiro o alumnado de 4º da ESO participou nunha conferencia organizada pola Biblioteca en colaboración co xornal La Voz de Galicia sobre o papel da muller no ámbito científico e tecnolóxico. Pilar Mazón, cardióloga, profesora universitaria e Xefa da Sección de Cardioloxía do CHUS estivo compartindo co noso alumnado a súa experiencia como muller traballadora nun ámbito científico tan esixente.
A actividade foi gravada polas cámaras do xornal "La voz de Galicia" para poder visionala con posterioridade na web. En canto teñamos o link colgarémolo para que poidades disfrutar desta marabillosa Charla.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer