En beneficio de todos, prégase puntualidade. No caso de que tódolos membros da xunta de avaliación estivesen presentes poderíase adiantar a reunión.
O profesorado debe reflectir as notas da súa materia na aplicación XADEWEB, deste xeito o profesor/a titor/a poderá facer copias da actilla e entregalas na xunta de avaliación. Para facilitar a tarefa, débese facer antes das 24:00 h. do comezo da sesión de avaliación.
As notas serán entregadas polo titor a partir das 14 h. do venres 7 de abril.