Curso 2022-2023
- Luns 3 de outubro, alumnado de 1º e 2º de ESO no salón de actos: Culture classes, organizada polo dpto. de Inglés.
- Venres 11 de novembro. Magosto para todo o alumnado do centro.
- No mes de novembro, alumnado de 1º e 2º de ESO nas súas aulas. Taller de igualdade: "promoción de relacións igualitarias entre o alumnado, ver para erradicar"
- Martes 22 de novembro. Alumndo de 4º ESO e 1º BAC de Economía visitan a empresa chantadina Daveiga S.L.
- No mes de novembro, alumnado de 1º e 2º de ESO nas súas aulas. Taller de igualdade: "promoción de relacións igualitarias entre o alumnado, ver para erradicar"
- Venres 25 de novembro. CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA EMILIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
- Luns, 16 de xaneiro. Alumnado de 4º ESO e 1º BAC. Excursión a Coruña para visitar o Domus (pola mañá) e a exposición AI: MORE THAN HUMAN na fundación Abanca (pola tarde).
- Venres, 27 de xaneiro. Alumnado de 4º ESO e 1º BAC. "Ceos Galegos": charla e exposición fotográfica no Espazo Xove de Chantada.
- Luns, 13 de febreiro. Excursión a Coruña: Alumnado de 4º ESO e Bacharelato asistirá á representación de teatro “Joven Hamlet” no Forum Metropolitano de A Coruña. Pola tarde visitarán o Planetario-Casa das Ciencias.
- Mércores, 15 de febreiro. Museos de ciencias da Coruña: 2º ESO, Visita ao Domus, Museo de Ciencias, Planteario e Acuario.
- Venres, 17 de febreiro. Desfile e concurso de comparsas de entroido, ESO e 1º BAC.
- Do 18 ao 25 de febreiro. Viaxe cultural a Grecia, Alumnado de latín e grego de 1º e 2º BAC.
- Venres, 3 de marzo. Alumnado de 4º ESO e 1º BAC. Encontro con Andrea Franco.
- Luns, 6 de marzo. Alumnado de 3º ESO, 1º e 2º BAC. Visita ao Castro de Viladonga e XXII festival de teatro Grecolatino.
- Xoves, 9 de Marzo. Alumnado de 4º ESO e 1º BAC. Visita á central hidroelectrica de Belesar
- Luns, 13 de marzo. Alumnado de 1º e 2º BAC. Visita á Escola de Enxeñería de minas e a enerxía en Vigo.
- Martes, 21 de marzo. Alumnado de 1º ESO. Día da árbore
- Xoves, 30 de marzo. Alumnado de 2º ESO. Taller de educación afectivo sexual
- Xoves, 30 de marzo. Alumnado de 3º ESO. Encontro con Martin Pawley
- Xoves, 30 de marzo. Alumnado de 4º ESO e 1º BAC. Fomentando o emprendemento
- 11 e 12 de abril. Alumnado de 1º ESO. Excursión a Burgos.
- 12 de abril. Alumnado de 2º BAC. Charla sobre a ABAU 2023.
- 13 de abril. Alumnado de 1º e 2º BAC. Charla sobre saídas profesionais da enxeñaría.
- 17-23 de abril. Excursión fin de curso de 4º ESO.
- 19 de abril. Alumnado de 2º ESO e 1º BAC (Tecnoloxía). Visita a Sotavento.
- 19 de abril. Alumnado de 1º e 3º ESO. Exhibición de capoeira.
- 21 de abril. Alumnado de 1º BAC (TIC). VI Competición de robots da Universidade de Vigo.
- 26 de abril. Alumnado de 4º ESO. Taller de adiccións sen substancias.
- 28 de abril. Alumnado de 4º ESO. Obradoiro Freestyler.
- 3 de Maio. Alumnado de 4º ESO. Encontro co escritor Héctor Cajaraville.
- 4-6 de maio. Alumnado de 1º BAC. Excursión a Madrid e Toledo.
- 16 de maio. Alumndo de ESO e 1º BAC. Cadea humana en defensa da Lingua.
- 16 e 18 de maio. Alumnado de 3º e 4º ESO. Taller de sensibilización sobre saúde mental.
- 19 de maio. Alumnado de 3º ESO. Excursión ao museo de Arxeriz.
- 23 de maio. Alumnado de 4º ESO e 1º BAC. Charla do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.
- 31 de maio. Alumnado de 1º ESO. Charla "Navega con rumbo"
- Abril-maio. Torneo de xadrez 2023.
- Alumnado de 2º e 3º ESO (3 ao 10 de xuño) e de 4º ESO e 1º BAC (21 ao 28 de xuño): Inmersión lingüística.
- 8 de xuño 15 de xuño. Festival de música organizado polo alumnado de 4º ESO: Lamañazo Rock
- Xornadas de iniciación ao fútbol gaélico, alumnado de 2º e 4º ESO
- 14 de xuño, o dpto. de Educación Física organiza a Carreira Solidaria Save the Children.
- 16 de xuño, alumnado de 3º ESO. Excursión a As Médulas.
- 16 de xuño, alumnado de 1º ESO. Obradoiro de Banda Deseñada.
- 19 de xuño, alumnado de 1º ESO. Encontro con Manuel Rodríguez Calviño.
- 20 de xuño, alumnado de 4º ESO. Visita ao Pazo de Sabadelle.
- 20-21 de xuño, alumnado de 3º ESO. Xornadas de convivencia e deporte de aventura.
Curso 2021-2022
- Mércores , 15 de xuño. 3º e 4º ESO. “Música e poesía”
- Venres 10 de xuño, 1º ESO. Visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.
- Durante o mes de maio o departamento de Educación Física organiza a Carreira Solidaria en beneficio de Save the Children.
- En maio-xuño, Torneo de Xadrez 2022, aberto a todo o alumnado do IES Lama das Quendas.
- Luns 23 de maio, Obradoiros: OPS! O português simples.
- Luns 23 de maio, Pintado de escaparates en homenaxe ao pintor Manuel Jorge
- Mércores 25 de maio, Saída a Brigos
- Xoves 26 de maio, X edición do programa “Navega con Rumbo”.
- Maio-xuño. Alumnado de 2º e 4º ESO. Iniciación ao fútbol gaélico.
- Mércores 20 de abril, alumnado de 1º e 2º de BAC no salón de actos: Encontro co escritor Antón Riveiro.
- Venres 22 de abril, alumnado de 3º e 4º de ESO no salón de actos: Obradoiro de poesía.
- Luns, 4 de abril. Alumnado de 1º e 2º de BAC no salón de actos: encontro coa escritora Olga Novo.
- Xoves, 7 de abril, para alumnado de 2º BAC. Exposición fotográfica “Imaxina Palestina”, con 48 imaxes tomadas polo profesor Moncho Iglesias Míguez.
- Luns, 21 de marzo. No espazo Xove de Chantada e para alumnado de 4º de ESO, exposición fotográfica "Imaxina Palestina".
- Xoves 24 de marzo, alumnado de 4º de ESO no salón de actos, de 11:45h a 13:25h, TALLER: "OS MITOS DO AMOR ROMÁNTICO"
- Venres 25 de marzo, alumnado de 2º de BAC no salón de actos, de 9:35h a 10:25h, "CHARLA INFORMATIVA ABAU 2022"
- Luns, 28 de marzo. No salón de actos do IES, actividade “Imaxe, música e palabra” para alumnado de 1º BAC e módulo IV da ESA.
- Luns, 21 de febreiro, no salón de actos e para alumnado de 1º e 2º BAC: “Encontro coa escritora Arantza Portabales”.
- Xoves, 3 de febreiro, no salón de actos e para alumnado de 3º ESO : “Taller de igualdade de xénero”.
- 23 de novembro. Alumnado de 1º BAC de Cultura Científica. Estudio do Río Asma.
- Venres, 17/12, "A REGUEIFA", Demostración didáctica para alumnado do Club de Lectura, Obradoiro de Música e Xadrez de 1º de ESO sobre as regueifas. Incluirase unha pequena actividade musical participativa con todas as asistentes.
- Luns, 20/12 "Emphasizing refugees", videoconferencia con Hadiya e Shadi, dous refuxiados sirios acollidos en Bruselas. Alumnado de 2º BAC.
- Mércores, 12/1/22. Alumnado de 4º ESO e 2º BAC. Charla: “Saídas vocacionais das Forzas Armadas”
Curso 2020-2021
- Luns 22 de mazo. Alumnado de 1º e 2º BAC. Charla sobre a ABAU
- Venres, 9 de abril. Alumnado de 1º BAC. Charla: "Violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais"
- 18-26 Febreiro e 21 abril. Alumnado de ESO, BAC e ESA. Obradoiro "Violencia de xénero e o novo contexto dixital"
- Mércores 14 de abril. Alumnado de 1º ESO. Obra de teatro no salón de actos do IES
- 20 de maio. Alumnado de portugués de 1º, 2º e 3º ESO e todo o de 4º ESO. Obradoiro: OPS! O português simples
- 21 de maio. Alumnado de 4º ESO e 1º BAC. Charla e actividade musical: Cultura urbana, música e graffiti
- 27 e 28 de maio. Alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e 1º BAC. Charla de educación afectivo sexual.
- 15 de xuño. Alumnado de 1º ESO do club de lectura terá un encontro coa escritora Raquel Castro.
Curso 2019-2020
-
Venres 13 de marzo. Alumnado de ESO e 1º BAC. Encontros polo 50º aniversario do IES Lama das Quendas, as persoas invitadas a esta actividade serán Xaquín López e Fernando Castiñeiras. (SUSPENDIDO)
- Luns 16 de marzo. Alumnado de 3º ESO A/B (cultura Clásica) e 1º BAC A/B (latín). “XX Festival de teatro grecolatino” no auditorio municipal de Ourense para ver a Traxedia grega “Ifixenia en Áulide" (SUSPENDIDO)
- Luns 23 de marzo. Alumnado de ESO e 1º BAC. Encontros polo 50º aniversario do IES Lama das Quendas, as persoas invitadas a esta actividade serán ALBERTO FERNÁNDEZ ALBILARES e IAGO FERNÁNDEZ ALBILARES. (SUSPENDIDO)
- Xoves 5 de marzo. 1º e 2º BAC, alumnado de TIC e Tecnoloxía Industrial . Visita a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e realización de talleres prácticos denominados “Aula aberta á Tecnociencia”
- Xoves 12 de marzo. Alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO. O alumnado de Música de 2º e 3º de E.S.O. ofrecerá un concerto con diversas pezas de diferentes estilos e períodos históricos.
-
Martes 18 de febreiro. Para toda a comunidade educativa. Encontros polo 50º aniversario do IES Lama das Quendas, as persoas invitadas a esta actividade serán Roberto Iglesias e Beatriz Pérez.
- Venres 21 de febreiro. Concurso e Desfile de Comparsas de entroido.
- Xoves 27 de febreiro. Alunado de 2º e 3º ESO. Taller didáctico “Camiños de futuro” impartido pola facultade de Camiños da Universidade de A Coruña.
- Venres 28 de febreiro. Presentación da asociación “Pola miuda”
- Luns 10 de Febreiro. Alumnado de 2º e 3º ESO. “Encontro con Marica Campo”
- Do 11 ao 15 de febreiro. Alumnado de 1º e 2º de BAC fará unha viaxe cultural a Berlín.
- Xoves 13 de febreiro. Alumnado de 3º e 4º ESO, 1º BAC modalidade de ciencias, 2º BAC Tics e tecnoloxía industrial II. “Adaptarse, aprender, xogar e repetir” , Charla de Manuel Martín Salgado Díaz.
- Venres 31 de xaneiro de 12:35 a 14:15. CARREIRA SOLIDARIA “Corre e acurta distancias contra a desnutrición infantil” na que participará para toda a comunidade educativa.
- Luns 3 de febreiro. Alumnado de ESO e 1º BAC. Encontros polo 50º aniversario do IES Lama das Quendas, as persoas invitadas a esta actividade serán Héctor Souto e David Dieguez.
- Martes 4 de febreiro. Alumnado de BAC. O presidente da CIUG dará unha charla sobre os aspectos fundamentais da ABAU 2020.
- Xoves 23 de xaneiro. Alumnado de ESO e 1º BAC. Encontros polo 50º aniversario do IES Lama das Quendas, as persoas invitadas a esta actividade serán Ana Vázquez Márquez e Juán Luis Méndez Rojo.
- Xoves 9 de xaneiro. Alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de BAC. Orientación académica para alumnos/as, “Saídas académicas Forzas Armadas”
- Luns 16 de decembro. Para toda a comunidade educativa. Encontros polo 50º aniversario do IES Lama das Quendas, as persoas invitadas a esta actividade serán Roberto Fernández e Mel Otero.
- Venres 20 de decembro. Alumnado 3º e 4º ESO. As vangardas musicais.
- Venres 20 de decembro. Alumnado da ESO. FINAIS TORNEO FÚTBOL SALA.
- Luns 25 de Novembro. Alumnado 1º e 2º ESO. Fútbol gaélico, Xornadas de iniciación
- Martes 3 de decembro de 2019. Alumnado 4º ESO e 1º e 2º BAC. Charla-coloquio con Gabriel Álvarez Martínez “Traducindo do Xaponés”.
- 15, 30 de outubro e 11 de novembro. Alumnado de 3º ESO. “Obradoiros Audiovisuais igualdade".
- Venres 8-11-2019 de 11:45 a 14:15 h. Alumnado da ESO celebrará un magosto.
- Martes 12 de novembro. Alumnado de economía de 1º, 2º Bac e mais de 4º da ESO. Visita á empresa JIM SPORTS TECHNOLOGY S.L.
- Venres 25 de outubro. Alumnado 1º BAC A/B Anatomía aplicada. ESTUDIO DO RÍO ASMA.
- Venres 25 de outubro. Alumnado de ESO e 1º BAC. Charla de Tomás González Ahola “ Literatura fantástica”.
- Na ultima semana de outubro alumnado de 1º ESO participará na actividade de inmersión lingüística "English week".
- Luns 28 de outubro. Alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. Castañazo Rock.
- Luns 28 de outubro. Alumnado 4º ESO e bacharelato. Asistencia á proxección da película “O que arde”
- Martes 29 de outubro. Alumnado de bacharelato. Visita ao museo do Pobo Galego, Casa de Rosalía de Castro e Casa de Manuel Antonio / Rianxo
- Do 21 ao 22 de outubro. Alumnado de Portugues da ESO. Viaxe a Porto, o alumnado visitará varios espazos artísticos e culturais de Porto
- MÉRCORES 23 de outubro. Alumnado de 1º E.S.O. Visita ao Ecomuseo de Arxeriz e desenvolvemento dunha actividade organizada polo departamneto de EPV.
Curso 2018-2019
- Martes 11 de xuño. Representación das coreografía de Acrosport, baile e step do alumnado de ESO e Bacharelato.
- Mércores 12 de xuño. O alumnado asistirá a un encontro con Antonio García Teijeiro.
- O luns 17 de xuño o alumnado de 1º ESOB e de 2º ESO teñen unha charla de Referentes Galegas relacionada ca actividade Mulleres Galegas no Salón de Actos.
- O venres 21 de xuño, xornada de convivencia no Aquapark de Cerceda para todo alumnado de ESO.
- Do 13 ao 23 de xuño o alumnado de ESO realizará unha visita de inmersión lingüística cultural (Chester – Reino Unido)
- Xoves 6 de xuño. O alumnado de oratoria de 1º ESO fará unha representación teatral da obra “A fada pirata”, do autor Carlos Labraña.
- Luns 3 de xuño de 2019. O alumnado de 2º ESO A participa nunha Saída a Cies con motivo do premio Concurso aula + Sostíbel.
- Xoves 23 de maio. O alumnado de TIC de 4º ESO visita a empresa Coremain para coñecer a súa actividade e realizar actividades didácticas.
- Venres 24 de maio. Alumnado 2º e 3º ESO, realización de actividades de vela e kaiak de mar no encoro de Castrelo de Miño. Clases impartidas por monitores especializados do Club Náutico de Castrelo de Miño e tendo en conta todas as medidas de seguridade.
- Luns 27 de maio o alumnado de 1º ESO saída cultural "Mariñeiros por un Día: Illas Cies" organizada por Titores de 1º ESO.
- Martes 28 de maio o alumnado de club de lectura visitará a cooperativa gráfica Sacauntos en Santiago de Compostela.
- Mércores 29 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato acudirá ao Espazo Xove de Chantada para participar nunha actividade que leva como título " Cuestións de Xénero na música galega actual",organizado polo departamento de Música, Biblioteca e Club de lectura.
- O xoves 30 de maio o alumnado de 1º Bacharelato da materia Bioloxía fará unha visita guiada polo centro de Chantada valorando a composición xeolóxica das construccións urbanas da vila.
- LUNS 13 de maio, saída do alumnado de 1º ESO "O Galego é a fórmula", organizada por Dinamización Liguística.
- MÉRCORES 15 de maio o alumnado de 3º e 4º ESO participará nunha xornada de Teatro organizada polo Departamento de Orientación.
- XOVES 16 o alumnado de 1º e 2º ESO participa na entrega do " Recoñecemento en defensa e valoración da Lingua Galega " na comarca de Chantada, organiza Dinamización Liguística.
- XOVES 16 o alumnado de ESA participará na actividade " Arredores de Chantada" , organizada polo profesorado de adultos.
- Do 6 ao 10 de maio SEMANA DA POESÍA, organizada polo departamento de Lingua galega, as actividades desta semana están sinaladas no cadro.
- O mércores 8 de maio o alumnado de 2º e 3º ESO participará nunha Carreira de Orientación pola beira do Río Asma - Chantada, organizada polo departamento de Educación Física.
- O mércores 8 de maio, Estudio do Río Asma, no que participará o alumnado de 1º ESO A , organizado polo departamento de Bioloxía.
- O venres 10 de maio, a partir do recreo, haberá Encontro cos Poetas Berta Dávila e Amauta Castro, actividade coa que finalizará a semana de Poesía organizada polo departamento de Lingua Galega.
- Do luns 29 de abril ao 1 de maio de 2019. Alumnado 4º ESO e 1º Bacharelato, realización de actividades de sendeirismo e descenso de barranco no corazón dos Picos de Europa.
- Xoves 25 de abril. O alumnado de portugués realizará unha actividade para conmemorar a Revolução do 25 de abril de 1974.
- Venres 26 de abril. O alumnado de 1º de BACH de TICS participará na V Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
- Luns 25 de marzo de 2019. Festival de Teatro Grecolatino. O alumnado disfrutará do teatro clásico acudindo a representación de “Cestiña de Plauto” , XIX Festival de Teatro Grecolatino
- Luns 1 de abril. O alumnado de ESO asistirá a actividade "Achegándome a igualdade" proposta polo departamento de orientación.
- Martes 2 de abril. Alumnado de 1º, 2º e 4º ESO terá un encontro ca autora Ledicia Costas, organiza departamento de Lingua Galega e Biblioteca.
- Do 18 ao 23 de marzo de 2019. Viaxe a Budapest. O alumnado de 1º e 2º Bacharelato realizarán unha visita cultural e de aprendizaxe de lingua inglesa a Budapest.
- Mércores 21 de marzo. “Conmemoramos o día da Árbore”. Coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente de Chantada, o alumnado de 1º ESO B plantará árbores para conmemorar o día da árbore e contribuír a recuperación arbórea dos espazos públicos.
- Venres 15 de marzo. “Encontro con Pedro Mañas” , o alumnado de 1º ESO participará nun encontro co autor para achegar a rapazada aos creadores de historias, actividade ofrecida pola Editorial ANAYA.
- Luns 18 de febreiro de 2019, alumnado de 3º e 4º ESO. Difusión Programa PIALE português. Exposición do sistema educativo português para facer unha posta en común dos aspectos que se poidan importar o noso. “A vida nun instituto português”
- Luns 18 de febreiro. “Animación de lectura”. O alumnado de 1º e 2º ESO participará nunha sesión de animación a lectura impartida por Benxamín da Editorial Edebé.
- Xoves 21 de febreiro, alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Encontro con Victor Fernández Freixanes, a importancia de ler e o pracer da lectura.
- Xoves 28 de febreiro. O alumnado de francés asistirá a obra de teatro “Cyrano de Bergerac” adaptación da obra Edmond Rostand, organizada por Eina da Escola no Teatro Principal en Ourense.
- Venres 1 de marzo. Concurso e Desfile de Comparsas no pavillón.
- Venres 15 de febreiro, alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. O alumnado de 1º e 2º Bacharelato terá un encontro con Lidia Senra no que se tratarán temas sobre o Parlamento Europeo, traballo que desenvolve unha parlamentaria galega, política de migración, seguridade e defensa, política agraria,…
- Luns 11 de febreiro, alumnado de 1º e 2º de Bac. “Charla ABAU 2019”, o presidente da CIUG dará unha charla sobre os aspectos fundamentais da ABAU.
- Venres 8 de febreiro. Nanci Marilín de la Vega, Charla sobre a cultura dos pobos orixinarios do Sul de América
- O venres 1 de febreiro, faremos a Carreira solidaria “A guerra unha fábrica da baleiro”
- Venres 18 de xaneiro de 2019. O alumnado de 3º ESO e 1º BACH asistirá a un encontro con Manuel Portas.
- Martes 15 de xaneiro de 2019. O alumnado asistirá a representación teatral dunha obra en Inglés “The Adams Family” “The Picture of Dorian Gray”.
- Venres 21 de decembro. O alumnado de 4º ESO organiza a Final do Torneo de Fútbol sala xogado o longo do primeiro trimestre nos recreos.
- Venres 21 de decembro. Intervención teatro - musical “O enfermo 4M”
- Mércores 28 de novembro. O alumnado de 4º ESO e 2º de Bacharelato participará nunha charla sobre as saídas académicas das Forzas Armadas.
- Venres 30 de novembro. Alumnado de 1º , 2º e 3º E.S.O. SESIÓN DE CINE “ En el tiempo de las mariposas”
- Venres 30 de novembro. Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO, Pegado das frases nas escaleiras Chantada sen Violencia … en negro contra a violencia. NON TAPES OS OLLOS!
- Luns 19 de novembro. O alumnado de 4º ESO participará nunha charla sobre Consumo de alcol e violencia de xénero a cargo da Policía Local para conmemorar o 25 de Novembro.
- 30, 31 de outubro e 1 de novembro. Alumnado de 4º ESO. O alumnado visitará varios espazos artísticos e culturais de Porto
- Mércores 31-10-2018 de 11:15 a 14:15 h. Todo o alumnado e profesorado. CELEBRACIÓN DO MAGOSTO.
- Mércores 7 de novembro de 9:35 a 11:15. Alumnado de 1º de ESO. Halloween.
- Do 6 ao 9 de novembro. Proxección de “Curtas de Samaín” no salón de actos de 11:25 a 11:45.
- Martes 23 de outubro de 2018. “A Pantasma do hip-hop”: Proxección da curtametraxe muda feita o pasado curso polo alumnado de Música e o Club de lectura de 4º ESO, musicada ao vivo polo alumnado de Linguaxe Práctica Musical de 1º de Bacharelato deste curso co gallo da Noite de Defuntos.
- Luns 22 de outubro de 12:35 a 14:10h. ESTUDIO DO RÍO ASMA, alumnado de 2º de Bacharelato de CTMA.
Curso 2017-2018
- O departamento de Educación Física organiza unha xornada de xogos de verán (acuáticos) para o alumnado de 1º e 2º ESO. As actividades serán, o 21 de xuño de 2018 a partir das 12:00h.
- Xoves 31 de maio de 2018. Alumnado de 3º e 4º ESO. Carreira polo Paseo do Río Asma acompañadas polo compás e intentando encontrar todas as balizas no menor tempo posible.
- Venres 15 de xuño. Representación das coreografía de Acrosport e Step elaboradas polo alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato.
- Luns 18 de xuño. Alumnado 1º e 2º ESO. O alumnado de oratoria de ESO fará unha representación teatral da obra “O furado de Andrés o Cempés”
- Luns 28 de maio. O alumnado de 1º e 2º ESO visitará Santiago de Compostela e fará unha visita guiada pola cidade e pola tarde viaxarán a Noia para gozar da praia de Aguieira.
- Mércores 23 de maio de 2018, alumnado 2º e 3º ESO. Realización de actividades de vela e kaiak de mar no encoro de Castrelo de Miño.
- Xoves 24 de maio, alumnado de 1º BAC de Bioloxía. Visita guiada polo centro de Chantada, para analizar a composición xeolóxica de distintos elementos das construcións urbás da vila de Chantada.
- Venres 25 de maio de 2018, alumnado de 2º Bac. Xeoloxía. Ruta de sendeirismo por Carnota, Monte Pindo, Lagoa de Louro e o Ézaro.
- Venres 25 de maio de 2018, O alumnado de 3º, 4º ESO e 1º de bacharelato recibirán unha charla sobre prevención de hábitos nocivos a cargo da unidade asistencial de drogodependencias de Monforte.
- Venres 11 de maio. O alumnado de 3º ESO fará actividades para valorar o emprego da lingua galega na vila de Chantada. “PREMIO DEFENSA DA LINGUA”
- Luns 14 de maio, alumnado de 1º ESO. Carreira pola Lingua Galega Correlingua 2018 “A lingua non para!”, con saída ás 11:00 na estación de autobuses facendo o percorrido establecido ata o Parque dos Condes.
- Luns 14 de maio, alumnado de Música de 4º de E.S.O. e 1º de Bacharelato e Club de Lectura. “Visita a Celanova”
- Martes 15 de maio. O alumnado de 1º,2º ESO participará nun encontro con Tomás González Ahola.
- Luns 7 de maio, alumnado de 1º ESO, visita didáctica ao Museo Casa do Patrón.
- Martes 8 de maio, o alumnado de 1º ESO realizará un percorrido a pé para calcular o caudal, pH e outras características do río acompañados por un especialista de ADEGA.
- O alumnado de portugués realizará unha actividade para conmemorar a Revolução do 25 de abril de 1974.
- O alumnado de 1º BAC en coordinación co profesorado de Lingua Galega organiza a XIII semana da poesía.
- Mércores 11 de abril, Encontro cos poetas Leo Arremecághona e Nuria de Vil.
- Martes 17 de Abril, o alumnado fará unha visita guiada de Arquitectura a cidade de Allariz, participación no Plan Proxecta - Proxecto Terra.
- Venres 20 de abril, o alumnado acudirá o Auditorio de Chantada a ver “Resoando no pasado”, concerto didáctico con Abraham Cupeiro.
- Alumnado de 4º ESO e 1º ESO de portugués vistarán espazos artísticos e culturais de Porto.
- O alumnado de 1º e 2º Bacharelato realizarán unha visita cultural e de aprendizaxe de lingua inglesa a Malta
- 21 de marzo, coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente de Chantada, o alumnado de 1º ESO A plantará árbores para conmemorar o día da árbore e contribuír a recuperación arbórea dos espazos públicos.
- 22 de marzo, o alumnado de 1º,2º e 3º ESO participará nunha sesión de animación a lectura.
- 22 de marzo as 20:00 horas, As familias asistirán a unha charla da Educadora da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte sobre “Educación para a saúde. Prevención e detección de hábitos nocivos dos nosos fillos relacionados co consumo de alcohol e drogas”
- 23 de marzo, V Olimpíada Filosófica de Galicia. Os finalistas da modalidade de Curtas de Vídeo e Fotografía deberán realizar unha defensa da súa proposta.
- Martes 13 de marzo, Charla ABAU 2018 de orientación académica para alumnado de Bacharelato.
- O Departamento de Música organiza a semana medieval.
- Xoves 8 de marzo, a Comunidade Educativa participará na actividade proposta A heroína da miña vida, con motivo da Celebración do Día Internacional da Muller.
- Venres 23 de febreiro, o alumnado de 1º, 2º E 3º ESO asistirá a unha xornada de iniciación ao Rugby.
- Mércores 21 de febreiro, o alumnado de francés asistirá a obra de teatro “Notre-Dame de Paris” no Auditorio Gustavo Freire en Lugo.
- Venres 16 de febreiro de 2018, V Olimpíada Filosófica de Galicia.
- O venres, 9 de febreiro, consurso e desfile de comparsas de entroido.
- O mércores 7 de febreiro de 11:45 a 13:25 h , "Encontros con Manuel Rivas" , participará o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.
- O venres 2 de febreiro, faremos a Carreira solidaria “Corre e acurta distancias contra a desnutrición infantil” .
- O martes 30 de xaneiro, o alumnado de 1º, 2º ESO e 1º de bacharelato participará nun encontro con María Solar.
- 10 de xaneiro de 2018, O alumnado de bacharelato, xunto co profesor don Juan Vázquez Vázquez, representará o primeiro e o segundo acto da obra escénica de Xosé Vázquez Pintor, con músicas de Gaël e Tomás Camacho.
- Mércores 20 de decembro, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistirá, no salón de actos, a unha charla informativa da FP DUAL que se imparte no IES Val do Asma.
- Xoves 21 de decembro, o alumnado de 4º ESO organiza a Final do Torneo de Fútbol sala xogado o longo do primeiro trimestre nos recreos.
- Xoves 21 de decembro, o alumnado de bacharelato, xunto co profesor don Juan Vázquez Vázquez, representará o primeiro e o segundo acto da obra escénica de Xosé Vázquez Pintor, con músicas de Gaël e Tomás Camacho.
- O luns 4 de decembro o alumnado de 4ºESO participará nunha actividade en colaboración co Consorcio de turismo da Ribeira Sacra.
- Sesión semanal de Ioga no centro, dirixida ao alumnado de 4º ESO, 1º Bach e 2º de Bach.
- ESTUDIO DO RÍO ASMA, alumnado de 2º de Bacharelato CTMA.
- Proxección de curtas de medo no SALON DE ACTOS do IES, nos recreos da próxima semana (do 30/5 ao 3/11), organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística
- O venres 27 de outubro, o alumnado e profesorado do centro participará no MAGOSTO
- Venres, 20 de outubro, Visita ao museo xeolóxico e o museo etnográfico de Quiroga, ao pregamento de Campodola e ruta de sendeirismo acompañados dun monitor especialista.
- Venres 6 de outubro, alumnado de 1º e 2º de bacharelato, Charla Erasmus + Voluntariado Europeo
Curso 2016-2017
- O mércores 26 de abril o alumnado de 4º ESO de Francés fará unha representación teatral " La momie du Louvre".
- O martes 25 de abril o alumnado de 1º de Bacharelato asistirá a unha charla sobre a historia do 25 de abril en Portugal, impartida por Ernesto Tátá.
- O luns 24 de abril : Charla de " Terapia Asistida con animais" para o alumnado de 1º de Bacharlato da materia Anatomía Aplicada.
- O venres 21 de abril, o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato aistirá a unha charla sobre a Violencia de xénero, no Salón de Actos do IES, organizado polo departamento de Orientación
- O xoves 20 de abril, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO, ten previsto acudir a representación dunha obra de teatro no Auditorio de Chantada, organizado polo departamento de Lingua Galega.
- O martes 18 de abril : encontro con Elena Gallego, alumnos de 2º e 3º ESO e listaxe de alumnado de 1º de Bacharelato, organizado polo Clube de lectura, Bibloteca e departamento de lengua Castellana.
- O martes 4 de abril : Charla Dositeo Veiga.
- Do 3 ao 7 de abril celebrarase a Semana da Astronomía.
- O xoves 30 de marzo o alumnado de 1º de ESO asitirá no Salón de Actos a unha charla sobre o ACOSO ESCOLAR organizada polo departamento de Orientación.
- O martes 28 de marzo terá lugar unha saída ao Teatro en Inglés.
- O martes 21 de marzo,DÍA da Árbore, o alumnado de 1º da ESO plantará unha árbore nos exteriores da piscina municipal en colaboración ca Concellería de Medio Ambiente de Chantada.
- O luns 20 de marzo: exposición do sistema educativo português. Horario 12:35 - 13:25h, alumnado afectado 1º de Bacharelato.
- Charla "Programa ktorce-18" organizada por Dinamización de Convivencia para o LUNS 6 de marzo. Alumnado de 2º e 3º da ESO, horario 11:45h - 13:25h.
- As actividades previstas para a FESTA de ENTROIDO que se organizará o 24 de febreiro de 2017, son as seguintes:
1. Proxección do documental sobre o entroido RIbeirao organizado por " O Moredo", afecta o alumnado de 3º e 4º da ESO antes do recreo.
2. Posterior o recreo, farase como todos os anos, tempo para disfrazarse e comezo do festival no polideportivo a partir das 12:30 h da máñá. PODERÁ PARTICIPAR TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
- O alumnado de 1º de Bacharelato de Latín e Grego participará o Xoves 9 de febreiro no concurso ODISEA, concurso online de Cultura clásica. Actividade organizada polo departamento de Latín e Grego
- O Xoves 2 de febreiro o alumnado de 2º e 3º de ESO acudirá o Auditorio de Chantada a unha representación musical "Concerto con ODAIKO", actividade organizada polo departamento de Música
- Información sobre o desenvolvemento da Carreira Solidaria do vindeiro Martes 31 de Xaneiro ( aproveitando para conmemorar o Día da Paz)
- O xoves 19 de xaneiro se levará a cabo a actividade Encontro musical con MCarballo organizada polo Departamento de Música
- Actividades Complementarias para o día 20 e 21 de decembro de 2016:
"OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE" , o alumnado de música de 1º de Bacharelato xunto co profesor Don Juan Manuel Vázquez, representará o segundo e o terceiro acto da coñecida obra de Castelao. Esta representación será o día 20 de decembro as 19:30 h no Salón de actos do IES.
"E DESPOIS DO INSTITUTO..., QUE?, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asitirá a unha charla - coloquio de Pablo González, enseñeiro de nas e deseñador de LEGO, onde falará da súa experiencia profesional. Día 21 de decembro de 9:30 - a 10:30h.
"TORNEO NADAL", todo o alumnado excepto 2º de Bacharelato participará de maneira alternativa no Torneo de Nadal de fútbol a catro porterías, proxección da película "Quiero ser como Beckhamm" e a charla - coloquio con Verónica Boquete (ANEXO). Día 21 de decembro entre as 10:30 e as 14:00h.
- O próximo mércores 30 de novembro o alumnado de francés asistirá ao Teatro Principal de Ourense para ver a obra de teatro “Le Petit Prince”, adaptación da obra de Antoine de Saint Exupëry, organizada por “Eina da Escola”. Grupos / Alumnado 1º, 2º, 3º e 4º ESO e 1º BAC Horario de saída e chegada 09:00 – 17:00 horas
- O próximo LUNS 14 de novembro, o alumnado de 1º e 2º de bacharlato asitirá a unha xornada organizada pola Axencia Galega de Innovación, no Salón de actos do IES, a proposta do departamento de tecnoloxía. In-formate.
- Os días 25, 27 e 28 de outubro, o alumnado de 3º de E.S.O e 1º e2º de Bacharelato, realizarán unha visita á Exposición Manuel Jorge no Auditorio e a Casa da Cultura de Chantada. Visita día 25, día 27 e día 28
- O mércores 30 de maio o alumnado de 2º e 3º de E.S.O. asistirá a actividades de vela e kaiak de mar no encoro de Castrelo de Miño.Tedes máis información no documento que se achega. Vela e kaiak Castrelo de Miño
- O vindeiro mércores 30 de maio o alumnado de Robótica entres as 10:25 e as 13:25 horas, fará unha exposición e demostración de distintos funcionamentos de plataformas robóticas construídas por eles.Tedes máis información no documento que se achega. Desafío Robótico
- O v.enres 27 de maio o alumnado visitará a costa de Lugo para coñecer un pouco mellor a vida mariñeira. Tedes máis información no documento que se achega.Mariñeiros por un día
- O xoves 26 de maio, o alumnado visitará distintos puntos de interese da cidade de Santiago de Compostela.Tedes máis información no documento que se achega. Visita Cultural Club de Lectura.
- O vindeiro 23 de maio terá lugar un recital poético organizado poloe Departamento de Lingua Galega.Tedes máis información no documento que se achega. Recital Poético con Serxio Regos
- O vindeiro venres 20 de maio de 2016, o Departamento de Educación Física, realizará unha actividade de Xogos Colaborativos denominada O Bosque Encantado.Desenvolverase no Pavillón do noso IES entre as 11:45 e as 14:15.Tedes máis información no documento que se achega. Xogos Colaborativos.
- O vindeiro xoves 19 de maio o alumnado de Música de 4º de E.S.O. e de 1º de Bacharelato gravarán os coros dun tema do novo traballo discográfico da banda de metal APHONNIC.Tedes máis información no documento que se achega. Gravación de Coros APHONNIC
- O luns 9 de maio o alumnado de 1º ESO do noso IES participará no Correlingua 2016 Ribeira Sacra en Monforte de Lemos.Tedes máis información no documento que se achega.Correlingua 2016
- A vindeira semana do 3 ao 6 de maio de 2016 celebrarase a XII Semana da Poesía. Realizaranse distintas actividades. Tedes máis información no documento que se achega. XII Semana da Poesía
- O vindeiro venres 29 de abril de 2016 a Xunta de Delegados e delegadas do IES lama das Quendas organizou un encontro coa actriz Isabel Risco no que se falará sobre a produción cultural en galego.A chrala terá lugar entre as 13:25 e as 14:15 horas no salón de Actos do noso IES.Tedes máis información no documento que se achega. Encontro con Isabel Risco.
- O xoves 28 de abril o alumnado de 1º BAC asistirá a un Obradoiro sobre Saúde Sexual, que se celebrará entre as 8:45 e as 14:15 horas.Tedes máis información no documento que se achega.Obradoiro sobre Saúde Sexual.
- O mércores 27 o alumnado de 4º ESO e 1º BAC asistirá a unha Conferencia sobre Transplantes, que se celebrará entre as 11:45 e as 14:15, mais aínda non sabemos nin a hora de inicio nin a duración exactas.Tedes máis información no documento que se achega.Conferencia sobre Transplantes
- O martes 26 entre as 11:45 e as 13:25 o Departamento de Lingua Castelá, xunto coa Biblioteca e o Club de Lectura, e por cortesía da Editorial Anaya, organiza un encontro do alumnado de 1º e 2º ESO con Gonzalo Moure.Tedes máis información no documento que se achega.Encontro con Gonzalo Moure.
- O luns 25 entre as 16:15 e as 17:55, o Departamento de Educación Física realizará, co alumnado de 3º ESO e 1º BAC, unha carreira de orientación polas rúas de Chantada.Tedes máis información no documento que se achega.Carreira de orientación.
- O Departamento de Lingua Galega do IES Lama das Quendas, xunto co alumnado de 4ºESO,conmemorará a Revolução do 25 de Abril de 1974, entre os días 15 e 25 de abril de 2016.Realizaranse distintas actividades nas que se inclúe o visionado do filme Capitães de abril, seguido dun cine-fórum.Tedes máis información no documento que se achega.Conmemmoración da Revolução de Abril
- O venres 8 de abril de 2016 o alumnado de 3º ESO visitará distintos puntos de interese da cidade de Lugo e Terra Cha culminando coa visita á Casa Museo de Manuel María.Tedes máis información no documento que se achega. Terra Cha e Casa Museo Manuel María
- O vindeiro mércores 13 de abril de 2016 o Departamento de Latín e Grego, en colaboración co Departamento de Filosofía, asistirá co alumnado a unha represetación teatral dentro do XV Festival de Teatro Grecolatino.Tedes máis información no documento que se achega.Teatro Grecolatino.
- Os vindeiros martes 29, mércores 30 de marzo e martes 5 de abril de 2016, terán lugar no noso IES os Obradoiros Quérote+ nos que o alumnado de 3º ESO asistirá a unhas charlas sobre educación sexual.Tedes máis información no documento que se achega.Obradoiros Quérote +
- O vindeiro martes 15 d e marzo o Departamento de Música realizará un Taller de Voz con Mónica de Nut, onde o alumnado traballará unha parte de técnica vocal con exercicios prácticos baseados no dinamismo corporal, e outra parte de repertorio de dúas cancións harmonizadas a varias voces.Tedes máis información no documento que se achega: Taller de Voz Mónica de Nut.
- O vindeiro luns 14 de marzo terá lugar unha actividade do departamento de Lingua Inglesa entre as 11:45 e as 12:35, para o alumnado de 1º e 2º BAC.Tedes máis información no documento que se achega: Clase Cultural Inglés Burlington.
- O vindeiro luns 15 de febreiro o Departamento de Lingua Galega ten prevista unha saída a Monforte de Lemos para levar ao alumnado de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º de Bacharelato ao Cinema e a realizar o Roteiro Poético de Manuel María. Tedes máis información no documento que se achega: Cinema A praia dos Afogados e Roteiro Manuel María
- O vindeiro 15 de marzo de 2016 o Departamento de Música realizará un Taller de Voz con Mónica de Nut, ao que asistirá alumnado de Música de 4º ESO e de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de BAC. Tedes máis información no documento que se achega: Taller de Voz Mónica de Nut
- O Departamento de Lingua Inglesa realizará unha viaxe de inmersión lingüística con alumnado de todos os cursos da ESO e de 1º de Bacharelato do noso IES entre o 4 e o 20 de xuño de 2016. Tedes máis información no documento que se achega: Inmersión Lingüística Galway
- O pasado luns 15 de febreiro o Departamento de Lingua Galega realizou unha saída a Monforte de Lemos para levar ao alumnado de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º de Bacharelato ao Cinema e a realizar o Roteiro Poético de Manuel María. Tedes máis información no documento que se achega: Cinema A praia dos Afogados e Roteiro Manuel María