Axúntase a seguinte información:
1º. Calendario de acceso a ciclos ordinarios e de adultos. Recordamos que o prazo de solicitude "ordinario" remata o día 8 de xullo ás 14:00 H. Haberá tamén un periodo "extraordinario" de solicitude en setembro. Ver calendario.
Descarga neste enlace: Calendario
2º. Información acceso Ensinanzas Escolares de Arte de Galicia e titulacións ofertadas.
Descargas nos enlaces: Escolas de arte EASD.OU
3º. Tríptico: Difusión FPBásica Cociña e Restauración do noso centro. Presentación Módulos Específicos FPBásica Cociña e Restauración do IES Lagoa de Antela.
Descargas nos enlaves: FPB Cociña Módulos específicos
De acordo coa resolución da Consellería de Educación de 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado de ESO e Bacharelato en centros públicos para o vindeiro curso académico 2020/2021 faise público o listado provisional de alumnado admitido neste centro.
A partir desta data poden formularse reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
Faise público o calendario fin de curso 2019/2020 que inclúe a seguinte información: datas de entrega de notas de 1º Bacharelato e FP Básica, datas de entrega de notas da ESO e recollida de libros de préstamos nestes grupos, revisións e reclamacións, e matrícula para o vindeiro curso 2020/2021 en ESO e Bacharelato.
Dispoñible para descarga no seguinte enlace:
Publicada a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)
Neste cadro recollemos información acerca dos medios de traballo que emprega cada profesor do centro na súa materia nos diferentes grupos.
Estimadas familias.
Dirixímonos novamente a vostedes para informar que, co obxectivo de recompilar información das familias do IES Lagoa de Antela neste período de teleformación, necesitamos saber os recursos dispoñibles no fogar. Polo que pregámoslle que cubran o seguinte formulario que atoparan no seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/1ybzD7vOlKVHmUySYkM-m3Ggae2iyfyP4PbaHyt5zpJE/edit?usp=drivesdk
Se teñen problema dende o enlace de Abalar, tamén estará dispoñible na Páxina Web do noso centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ieslagoaantela/
Esta información é confidencial e non serán publicados datos de carácter persoal. Cubrirase unicamente un formulario por familia.
Faise necesario recabar estes datos para poder tomar decisións de cara a mellorar a eficiencia da teleformación neste 3º terceiro trimestre, quedando á espera das instruccións que recibamos do Ministerio ou Consellería de Educación.
Coma sempre agradecemos a vosa participación e comprensión.
Un afectuoso saúdo.