Club de Ciencias

Semifinalistas e gañadores da III Olimpíada de Enxeñería na Edificación: Construíndo con inxenio

Os equipos INNOVA_DAAS e IN(H)AL  do IES A Guía foron semifinalistas da III Olimpíada de Enxeñería da Edificación, organizado pola Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade de A Coruña a nivel autonómico, no marco da Conferencia de Directores de Arquitectura Técnica e Enxeñería de Edificación. Tras defender os seus proxectos para edificar unha vivenda de construcción sostible e máxima eficiencia enerxética, o xurado nomeou gañador ao equipo INNOVA_DAAS. Moitos parabéns aos dous equipos participantes e moita sorte para a fase nacional ao equipo gañador da fase autonómica!!!!!!

Pode consultarse máis información aquí e aquí

Deixámovos un dos momentos da defensa dos proxectos de cada un dos grupos

Explicación dun circuíto pneumático con cilindro de doble efecto

Na materia de Tecnoloxía Industrial II de 2º de bacharelato, Miguel explícanos o funcionamento do circuíto pneumático de doble efecto no seguinte vídeo:

Coche de hidróxeno, realidade ou ficción?

O alumnado de 1º bacharelato estivo a traballar na materia de Tecnoloxía Industrial I na fabricación dun dispostivo que se propulsa empregando o unha pila de hidróxeno. No seguinte vídeo, pódese comprobar o seu funcionamento e algún "spoiler" a outros proxectos que están en marcha no departamento de Tecnoloxía e que, con moita probabilidade darán que falar nalgunha feira de proxecto próxima... (e ata aí podemos contar, de momento...).

Sexta competión de robots na Escola de Enxeñería Industrial da UVigo

O alumnado de ESO e Bacharelato do IES A Guía participou o pasado 21 de de abril na 6ª competición de robots organizada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. Trátase dunha iniciativa que pretende espertar o interese polas disciplinas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). Os nosos parabéns as docentes do departamento de Tecnoloxía, impulsoras da participación do alumnado e, como non, ao noso alumnado!!

Ligazón ao vídeo en YouTube

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer