O IES A Guía recibiu onte, martes día 26, o galardón Vigués dintinguido 2024.
O venres 22 de marzo celebrouse o Auditorio do Centro Cívico de Teis a cerimonia de graduación do alumnado de Actividades físicas, Serzizos comerciais, Actividades Comerciais, Xestión de Vendas e Espazos Comerciais; Comercio Internacional e Márketing e Publicidade.
Parabéns!
O pasado día 6 o alumnado de FPB visitou a Escola Galega de Consumo. Recibimos dúas charlas moi interesantes sobre dereitos dos consumidores e etiquetaxe de produtos. Ademáis visitamos o supermercado co que contan as instalacións do Instituto Galego de Consumo.
En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria.No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer