Visita ao Mercado de Teis

Este mércores 9 de novembro, o alumnado de 2º de FP Básica de Servizos Comerciais visitaron o Mercado de Teis, onde puideron coñecer de primeira man as bases do comercio local. Dende o IES A Guía queremos agradecer a acollida e facer posible esta visita, especialmente dende o departamento de Comercio e Márketing organizador da visita. Grazas!

teis1

teis2

Visita ao Centro Comercial "El Corte Inglés"

Este luns 7 de novembro, o alumnado de 1º de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais foi recibido por Lourdes Pedrido, Meritxell Ortega, Juanma García e María Ferro, que lle explicaron como era o seu día a día nos distintos departamentos aos que pertencen. Unha vez máis, esta visita complementa a formación do alumnado do IES A Guía, poñéndoo en contacto con profesionais do sector da nosa contorna e, en definitiva, co mundo laboral no que desenvolverán a súa carreira profesional.

corte ingles

corte ingles 2

Erasmus +: A experiencia de Alba

O pasado venres 4 de novembro, Alba describiulle a súa experiencia no programa Eramus + ao alumnado de 2º de ciclos superiores. Se estás interesad@ en realizar a túa FCT no estranxeiro ponte en contacto coa coordianadora Erasmus+ do IES A Guía (Salomé) para recibir máis información Guiño

eras

Festa do Outono no IES A Guía

O pasado 31 de outubro celebramos a Festa do Outono no IES A Guía, xuntando o Samaín e o magosto.

O programa estivo cheo de actividades como:

- Visionado de películas e/ou documentais relacionadas coa temática do Samaín

- Exposición "Non eran meigas", organizado polo Grupo de Igualdade e Diversidade

- Elaboración e exposición de "seres arrepiantes", organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega

- Concurso de relatos de medo, organizado polo Equipo da Biblioteca do IES A Guía

- Xogos populares, organizados polo departamento de Educación Física

- Contacontos a cargo do alumnado do ciclo formativo de Acondicionamento Físico

- Scape Room, organizado polo departamento de Matemáticas

- Túnel do terror, organizado polo alumnado de Márketing e Publicidade

e moitas cousas máis!!!!

Todo isto non sería posible sen a colaboración tanto do profesorado como de todo o alumnado, por iso: GRAZAS!!

scape

scape2

xogos

meigas

 

túnel

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer