O IES A Guía quedou no segundo posto do concurso DEMODAY co proxecto "Amphora" do alumno David Costas de Xestión de Vendas (DUAL) titorado por Yolanda Álvarez. Tamén participaron as alumnas de Marketing e Publicidade Paula Martínez, Carla Pérez e Paula Domínguez titoradxs por Mª Carmen Franco co proxecto "Re-size"
Este concurso forma parte do programa DepoEmprende na FP que organiza a Deputación de Pontevedra e que ten como finalidade o fomento de iniciativas e actividades emprendedoras nos centros educativos. A través deste programa promóvese a iniciativa emprendedora do noso alumnado, así como a actitude necesaria para asumir riscos e responsabilidades, xa que os estudantes ten que desenvolver un proxecto empresarial relacionado coa familia profesional do ciclo formativo, contando cun servizo de asesoramento e mentorización, para realizar proxectos empresariais e iniciativas emprendedoras viables.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Foto ganadores Demoday2024.JPG | 197.4 KB |
Foto alumnas 1º Marketing y Menchu.JPG | 207.52 KB |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer