DÍA DE ROSALÍA: CALDO DE GLORIA


O pasado 23 de febreiro co gallo do Día de Rosalía degustamos o noso primeiro “Caldo de Gloria” realizado polo alumnado de 2º de Comercialización de Produto Alimentario.

O alumnado de FPB realizou a decoración e a comunicación da actividade, ademáis de repartir o caldo entre os asistentes. O alumnado de oratoria de 4º da ESO recitou uns poemas de Rosalía.

Esta iniciativa que partiu de Dinamización e do Departamento de Comercio, tivo a colaboración da Fundación Rosalía de Castro que enviou manteis co poema "A miña casiña o meu lar" para repartir no noso centro.

Moitos centros educativos realizaron o caldo, pero nós fumos o único IES en realizalo na nosa cidade.

Agardamos repetir a iniciativa en vindeiros anos e agradecemos a colaboración e implicación de todo o persoal do centro.

TOMANDO O CALDO

ESCAPARATE

POSTO CALDO

 

CARME E OLGA

 

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer