O pasado martes día 20 o alumnado de 2º de Bach A visitou a Catedral de Santiago de Compostela para poder admirar todas as xoias artísticas albergadas na Catedral que están a estudiar neste curso.
Visitaron o Pórtico da Gloria, o interior da Catedral, o museo e subiron aos tellados. Aproveitando a visita a esta cidade e o mágnifico día percorreron as rúas do centro histórico e o Convento de Santa Clara.
Unha experiencia inexquecible.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer