O IES A Guía participa no festival científico do CINBIO

A pasada fin de semana do 22 e 23 de abril, alumnado voluntario do IES A Guía participou no festival científico organizado polo CINBIO da Universidade de Vigo. Unha feira científica na que mozos e mozas de ESO e Bacharelato presentaron os seus proxectos a todas as persoas que se achegaron á feira. Os dous proxectos participantes, impulsados dende os departamentos de Matemáticas (proxecto: "estás estropeado?") e de Bioloxía e Xeoloxía (proxecto "investigadores por un día") tiveron moi boa acollida entre a cidadanía que se achegou a desfrutar da feira da ciencia. Ligazón ao twitter.

 

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer