Estudantes de diversos ciclos formativos participaron nunha interesante charla impartida por Mario Lado Campelo, profesor da Facultade de Relacións Laboráis da USC. Baixo o título “O proceso de selección de persoal nas organizacións" descubrimos os procesos de selección, exploramos exemplos de diferentes tipos de test utilizados para avaliar ás persoas candidatas, reflexionamos sobre como as nosas imaxes e contidos publicados nas redes sociais poden influír no proceso de busca de emprego, e analizamos a importancia de entregar o currículo en man. Ademais, puidemos observar un exemplo práctico dunha entrevista de traballo con tres perfís de candidatos diferentes.
Esta sesión foi organizada polo Departamento de Orientación e o Departamento de FOL
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG_5130.jpg | 3.03 MB |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer