O día 30 de outubro no noso instituto respirábase Samaín: decoración terrorífica de portas, disfraces, en Radio Guindastre falábase dos nosos medos mais profundos, a Santa Compaña camiñaba no escaparate da entrada... Pero non todo ía ser medo e terror, o alumnado de 1º e 2º de ESO disfrutou dunha xornada de xogos populares e despedimos o mes co tradicional Magosto.
E iso non é todo, a intriga continúa: quen venceu o concurso de portas? Haberá que esperar á volta para descubrilo.
Moitas grazas a Xestión de vendas Dual pola montaxe do escaparate e a Actividades físicas pola organización dos Xogos populares.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Samaín 1.jpg | 442.99 KB |
radio guindastre samaín.jpg | 2.56 MB |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer