Xa podedes consultar a listaxe de alumnado admitido na convocatoria Erasmus+ para ciclos superiores, así como a listaxe de excluidos coas súas causas de exclusión.
Tedes 10 días naturais para presentar a documentación que vos falte.
Que ninguén se despiste!
Publícase a CONVOCATORIA para mobilidades Erasmus+ para todo o alumnado de segundo curso de ciclos superiores do instituto.
A partir do día seguinte á publicación pódense xa presentar as candidaturas.
Boa sorte!
Este mércores contaremos con Daniel Pego, alumno do ciclo superior de comercio internacional que estivo de Erasmus+ este ano en Portugal e que nos vai contar a súa experiencia.
É o momento para informarse das posibilidades que ofrece o programa Erasmus+ e de resolver dúbidas.
Vémonos o mércores 15 no salón de actos do instituto, de 12h a 13:40h.
Bo día,
Para os que tedes dúbidas con respecto a canto cobrariades no caso de irdes de Erasmus+ en ciclos superiores, déixovos esta infografía para que poidades estimar facilmente canto vos tocaría cobrar.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer