Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
O pasado venres 17 de novembro volvemos contar coa presenza de Rafa Vázquez, economista da Fundación Ronsel (https://fundacionronsel.org/), esta vez para impartir aos alumnos e alumnas de 2º curso dos ciclos formativos de Formación Profesional un obradoiro interactivo de competencias emprendedoras, concretamente as de planificación e revisión.
Esta actividade forma parte do programa organizado pola Aula de Emprendemento do IES Gregorio Fernández, financiado na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Repartición 2022) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Podedes ver máis fotos do obradoiro se picades no seu Álbum.
YAM é un programa escolar dirixido á mocidade entre 13 e 17 anos no que aprende e debate sobre saúde mental que se implantará en todos os centros educativos de Galicia nos vindeiros anos e se inicia no curso 2023-24 nunha serie de centros seleccionados.
No curso actual o IES Gregorio Fernández foi seleccionado para participar en dito programa co alumnado de 3º da ESO polo que o luns 27 de novembro as 17.00 h terá lugar unha sesión informativa a cargo do persoal de dito programa no centro para as familias do alumnado de 3º da ESO.
Nas seguintes ligazóns teñen toda a informacion relativa ao programa YAM.
Folleto informativo para proxenitores
Carta invitación reuníon familias
O noso alumnado puido ver na hora do recreo varios dos vehículos que van participar na Ruta 4x4 da comarca de Sarria esta fin de semana (17, 18 e 19 de novembro). Foi a asociación organizadora Os Carro x Catro xunto co vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, os que presentaron esta actividade e atenderon ás curiosidades que foron xurdindo entre os asistentes.
O luns 13 de novembro, o alumnado dos ciclos superiores do noso centro tiveron unha sesión informativa sobre a posibilidade de poder realizar a formación en centros de traballo nunha empresa da Unión Europea dentro do programa Erasmus+. Tamén contaron coa presenza dun ex-alumno, que no curso pasado estivo nunha empresa alemana, quen lles dixo que a súa experiencia fora moi enriquecedora e animounos a inscribirse neste programa.
Seguimos co ciclo de actividades organizadas pola Aula de Emprendemento do noso centro educativo.
O pasado xoves 18 de novembro, Rafa Vázquez, economista da Fundación Ronsel, impartiu uns obradoiros de introdución ás competencias emprendedoras. Así, os alumnos e alumnas de 2º curso dos ciclos formativos de Formación Profesional tiveron a oportunidade de seguir avanzando nás súas habilidades de comunicación interactuando mediante a técnica do xogo de roles ou role-playing. Para finalizar, Rafa deulles toda unha serie de consellos útiles.
Esta actividade forma parte do programa organizado pola Aula de Emprendemento do IES Gregorio Fernández, financiado na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Repartición 2022) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Podedes ver máis fotos deste obradoiro na seguinte ligazón.
O pasado mércores 25 de outubro, os alumnos e alumnas de 2º curso dos ciclos formativos de Formación Profesional e 1º de Bacharelato participaron nuns obradoiros nos que traballaron as súas HABILIDADES DE COMUNICACIÓN cun actor profesional en activo, Xaquín Domínguez (Bével Consultoría y Servicios Profesionales S.L.), con moitos anos de experiencia no sector audiovisual.
Esta actividade forma parte do programa organizado pola Aula de Emprendemento do IES Gregorio Fernández, financiado na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Repartición 2022) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Podedes ver máis fotos do obradoiro no seguinte álbum.
O alumnado de ciclos formativos trasladouse a Silleda o xoves 26 de outubro para ver en primeira liña o campionato galego de formación profesional, Galiciaskills. Viron como os participantes mostraban a súa competencia profesional á hora de afrontar as diferentes probas poñendo en valor a calidade e a elevada cualificación coa que conta a nosa formación profesional.
O pasado martes 17 de outubro, os alumnos e alumnas de 2º curso dos ciclos formativos de Formación Profesional contaron coa presenza de Dani Diéguez, da consultora Píldoras Digitales, quen impartiu un obradoiro para identificar os aspectos esenciais dun modelo de negocio a través da ferramenta BUSINESS MODEL CANVAS.
Dáse así continuidade ás actividades organizadas pola Aula de Emprendemento do IES Gregorio Fernández, financiadas na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Repartición 2022) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Podes acceder ao álbum na seguinte ligazón.
O pasado xoves 28 de setembro, alumnos e alumnas de ciclos de Formación Profesional do IES Gregorio Fernández realizaron unha visita guiada ás instalacións da Fundación CEL da man da súa xerente, Marián Tallón, para coñecer de primeira man como se traballa no viveiro de empresas e que tipo de servizos reciben os emprendedores. Alí brindouselles unha sesión na que o coach Pablo López, de Implicatum Consultoría, mostrou aos alumnos/as os pasos para poñer en marcha un proxecto emprendedor, ademais do ecosistema de apoio a nivel nacional.
A xornada completouse cunha visita organizada pola propia Fundación CEL á fábrica de Innolact – Quescrem, en Castro de Ribeiras de Lea, guiada polo seu director técnico e co-fundador, Jesús Zapico. Trátase unha empresa referente en emprendemento e innovación da industria alimentaria, que, desde as súas orixes, apostou polo apoio á investigación de produtos culinarios innovadores.
Retómanse así as actividades organizadas pola aula de Emprendemento do IES Gregorio Fernández, iniciadas o pasado curso académico e financiadas na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Repartición 2022) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Podedes descargar máis fotos no seguinte álbum.
Hoxe mércores 26 de xullo publícase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva das persoas beneficiarias da gratuidade de libros de texto e dos vales para adquisición de material escolar.