Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
O alumnado de 1º de ciclos formativos de Formación Profesional e un grupiño de 4º ESO do noso centro asistiu a FP Innova para coñecer de primeira man os proxectos de innovación que participaron nesta edición. Foi unha experiencia moi positiva para poñer en valor a Formación Profesional e o papel que está a xogar a innovación nos ciclos formativos.
Dous alumnos de Formación Profesional do noso centro, un deles do Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial e outro do Ciclo Medio de Mantemento Electrónico, están a realizar as prácticas educativas nunha empresa de Alemaña a través do Programa Erasmus+, opción á que pode acollerse o noso alumnado de ciclos, pois contamos coa Carta Eche, outorgada pola Comisión Europea ata o ano 2027. Máis información no artigo de prensa do Progreso: Dous alumnos do instituto Gregorio Fernández realizan prácticas nunha empresa en Alemaña.
Un grupo de profesores do noso centro e dentro do Programa Observa_Acción visitou o pasado luns 15 de abril o IES As Barxas de Moaña para observar in situ a súa metodoloxía de traballo, a súa organización, os proxectos que están levando a cabo, os programas nos que participan,... e así compartir inquedanzas e experiencias educativas. Uns días máis tarde, o xoves, viñeron visitarnos eles para compartir unha xornada de traballo e así poder mostrarlles os nosos proxectos, os nosos recursos, metodoloxías, actividades, instalacións... Non nos cabe dúbida de que foi un encontro moi fructífero para ámbolos centros, graciñas a tódolos implicados por compartir para enriquecer!
O alumnado de 4º ESO realizou entre o 8 e o 12 de abril, como viaxe de fin de curso, unha visita pola comunidade catalá. Alí puideron visitar as cidades de Tarragona, Barcelona e gozar das atraccións e espectáculos que ofrecen PortAventura e Ferrari Land.
Velaquí tedes un resumo fotográfico desta saída, álbum Viaxe fin de curso 4º ESO.
Un grupo de 25 alumnas e alumnos de 3º ESO, 1º BAC e 1º Ciclos Formativos do noso centro estiveron esquiando do 16 ao 23 de marzo na estación de esquí GrandValira en Andorra, actividade deportiva que organiza tódolos cursos o Departamento de Educación Física do IES Gregorio Fernández. Tedes máis fotos no álbum Viaxe a Andorra.
O martes 9 de abril, o noso alumnado de 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC de Tecnoloxía e Física visitaron o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT) en A Coruña, acompañados polo profesorado destas materias, para profundizar no coñecemento científico e tecnolóxico nesta visita didáctica.
O mércores 3 de abril comezamos coas actividades que se están a desenvolver neste mes para celebrar o Día do Libro. Contamos coa presenza de María da Pontragha, quen co espectáculo "Contos de vellxs punkies para encarreirar á mocedá", nos achegou unha morea de contos que nos arrincaron máis dun sorriso e nos demostraron a grande sabiduría dos nosos avós e a importancia de seguir conservando a narración oral.
Na primeira parte do proxecto eTwinning Math, Music and Emotions, analizamos os significado de cada unha das emocións escollidas polo alumnado dos tres países: medo, asco, ira, tristeza, alegría e melancolía. Resumimos todo este coñecemento nun programa de Radio Bolboreta.
Con estas ideas claras, o alumnado seleccionou seis cancións galegas buscando que cada unha delas representase unha das emocións traballadas. Finalmente, compartimos as cancións cos nosos compañeiros fineses e chipriotas e valoramos en que grado nos producía cada emoción cada unha das cancións.
As nosas cancións escollidas foron as seguintes, podes adiviñar para que emoción foi pensada cada unha delas?
Memoria da noite. Luar na Lubre
Negra sombra. Luz Casal e Carlos Núñez
O mazo armado. Nao Galiza
O tren. Andrés do Barro, versión de Louband.
A cinza. Mounqup.
Fisterra. Milladoiro.
HORARIOS 3º TRIMESTRE CICLOS MEDIO E SUPERIOR
|
|
|
|
|
|