Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Programa informático Orienta 2016/2017

  
Os estudantes do IES García Barbón poden descargar o Programa informático de orientación académica "Orienta 2016/2017". 
Un recurso útil e cheo de información e moitos cuestionarios para axudar na toma de decisións académicas e profesionais.
En definitiva, unha ferramenta moi recomendable para axudarche a elixir mellor
o teu futuro.

Actividades de información e orientación académica

Ofrecemos unha coidada selección de recursos de información e orientación académica. As actividades propostas refírense ás seguintes cuestións:-Hábitos e técnicas de estudo: avaliación e recomedacións serias, específicas e audiovisuais.-Oferta de estudos universitarios de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.-Vídeos explicativos do conxunto da oferta de estudos de Formación Profesional.-Información detallada e audiovisual dos distintos graos universitarios.-Programa Informático Orienta 2015-16.

Probando a orientar (por Lourdes Otero Rodríguez)

"A elección de estudos ou dunha profesión é un proceso longo". Este documento de Lourdes Otero Rodríguez móstranos, tras unha reflexión, os aspectos que contempla o Programa Orienta. Lembrámosvos que o Programa Orienta é unha ferramenta informática para que valoredes as distintas posibilidades que se abren ante vós.

ENLACE CO PROGRAMA ORIENTA

Unha axuda para decidir o teu futuro académico: Orienta 2016

Facilitamos acceso ao programa informático Orienta 2016 como medio de axuda para a toma de decisións sobre o teu futuro académico. Preme na imaxe para ter acceso:

O IES García Barbón estará presente na X edición do Premio Espiral Edublogs 2016

Este instituto tenta ir incluíndo, cada vez máis, as novas tecnoloxías na formación dos nosos alumnos. Por este motivo xurdiron estes blogs que agora optan a este prestixioso premio.

Distribuir contido