Saltar navegación.
Inicio

Charlas

AVALIACIÓN POR PARTE DO ALUMNADO DAS XORNADAS DE ORIENTACIÓN

Avaliación da Xornadas de Orientación

Quero felicitar a Adrián e a Rubén polo seu traballo na organización das Xornadas de Orientación.

Dar as grazas a mancheas aos nosos poñentes, que amablemente colaboraron nestas Xornadas.

Quero agradecer especialmente a colaboración do alumnado que nos axudou co proceso de

avaliación,coas fotos e con todo aquelo que se lles encomendou. Tamén ao profesorado e persoal

do centro que colaborou.

Agradecer o apoio permanente e o traballo intenso de todos os membros doequipo directivo 

do IES García Barbón.

As Xornadas "Constrúe o teu futuro" son unha evidente demostración da necesidade de realizar

 o noso traballo de maneira colaborativa.

 

AS XORNADAS DE ORIENTACIÓN E O SEU IMPACTO NO FACEBOOK DO NOSO CENTRO

CONCERTO EMILIO RÚA MARTES 21 DE 5.30 A 7 NO SALÓN DE ACTOS DO IES GARCÍA BARBÓN:::

Desde o EDL [Equipo de Dinamización da Lingua Galega] do IES García Barbón temos a ben anunciarvos a actuación prevista para o vindeiro MARTES 21 DE XUÑO no SALÓN DE ACTOS do centro do cantautor EMILIO RÚA.

Emilio Rúa ten publicados os seguintes discos no mercado: Emilio Rúa (Edicións do Cumio 2000 ), Vida Miña ( Boa Music 2006), Interior ( Pai Música 2010).Colabora habitualmente con destacadas personalidades no mundo da música coma Uxía, Xosé Manuel Budiño, Luís Tosar, Xosé Carlos Caneiro, Guadi Galego, Quin Farinha, Tony Lomba, Manolo Rivas, etc.Gañou no 1999 o primeiro Premio no festival local de Verín Lluvia como Risa Furiosa. Colaborou en distintos proxectos do audiovisual galego coma o documental En Son de Paz do Instituto Galego de Educación para a Paz co tema musical firmado por Emilio Rúa En Nome da Paz do CD Vida Miña. Cantou e actuou na longametraxe de Ignacio Vilar Pradolongo. É o protagonista de videoclips musicais como Búscame (Boa Music ), Seres de Ficción ( CRTVG-Xabarín Club ), Interior ( PAI Música ) . Emilio Rúa chega ao IES GARCÍA BARBÓN de man dunha alumna de 2º de Bacharelato (Paula Vivián) con quen interpretará algunha peza, pero será un concerto con sorpresas e emotivo ao ser a despedida deste curso 2010/2011 e ao interpretar algún texto composto por alumnado do centro.

preme AQUÍ se queres ver videos de EMILIO RÚA

máis info en www.chumaceira.blogspot.com

Distribuir contido