Saltar navegación.
Inicio

CURSOS CISCO. MATRICULACIÓN DO 17 DE XUÑO Ó 9 DE SETEMBRO

Bos días,

Informámosvos que hoxe  17 de xuño comeza o período de matriculación nos cursos Cisco ata o 9 de setembro.

Os cursos que se ofertan son os seguintes:

CCNA v7: Certificación Académica CISCO en redes de computadores. Dita certificación na versión 7 consta de 3 módulos, tendo cada módulo unha duración de cinco meses. Á súa vez, os alumnos que desexen completar cada módulo deberán manter activa a súa matrícula durante os cinco meses sinalados.

Módulo 1 CCNA v7: O obxectivo do curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicas de rede, desenvolvendo competencias necesarias para planificar e implementar redes pequenas.

Módulo 2 CCNA v7: Neste curso veranse os conceptos básicos de conmutación e encamiñamento dunha rede; axudando a planificar e implementar pequenas redes, incorporando unha gran variedade de aplicacións.

Módulo 3 CCNA v7: O obxectivo deste curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicas de redes; axudando a desenvolver as aptitudes necesarias para planificar e implementar redes pequenas.

CCNA  CyberOps Associate: O curso formará aos alumnos en destrezas para coñecer as vulnerabilidades que se producen en Ciberseguridade, os sistemas operativos que utilizan; detectar os tipos de ataque, os métodos que utilizan; protexer os datos persoais, os corporativos, todas as infraestruturas etc.  É recomendable que o alumnado teña coñecementos básicos dos sistemas operativos Linux e Windows, coñecemento de redes equivalente aos módulos 1 e 2 de CCNA. Duración de cinco meses.

PRAZO DE MATRICULACIÓN: (ata esgotar prazas)

Do 17 de xuño ao 9 de setembro matriculación.

2 de setembro comezo dos cursos.

Os cursos CISCO ofertados dentro do programa Mentor, conlevan o mesmo custo mensual que o resto dos cursos, pero neste caso seguen unha planificación establecida cunha duración de 5 meses os cursos CCNAv7 e CCNA CyberOps Associate, o que conleva un prezo pechado dos mesmos de 120€ .

A. Pago único coa totalidade do prezo de cada curso:

CCNA: 120€ (5 meses)

CyberOps Associate: 120€ (5 meses)

B. Pago fraccionado en 2: 

CCNA v.7: Pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses)

CyberOps Associate: Pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses)