Saltar navegación.
Inicio

Convocatoria eleccións de representantes Consello Escolar

 

De acordo coa Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 29 de setembro), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, segundo as seguintes normas:

  • O censo electoral do alumnado está exposto a partir da data no taboleiro de anuncios do vestíbulo. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 12 de novembro.
  • As candidaturas correspondentes poderanse presentar a partir do día 3 de novembro de 2021 ata as 14'00 horas do día 12 de novembro.
  • A campaña electoral comprenderá dende o 18 ao 24 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos/as, previa petición á presidenta da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do IES. O día 25 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electo.

Adxuntase as convocatorias de cada sector, e tamén os documentos para a presentación de candidaturas para pertencer ao Consello Escolar.

 

 

AdxuntoTamaño
Eleccion representates alumnado.pdf560.65 KB
Eleccion representates profesorado.pdf558.54 KB
Eleccion repsentantes familias.pdf560.75 KB
Candidatura alumnado.pdf86.65 KB
Candidatura profesorado.pdf87.4 KB
Candidatura familias.pdf89.48 KB