Eleccións Consello Escolar
De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG do 29 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de toda a comunidade educativa.
A composición do Consello Escolar do IES García Barbón é como segue: Presidente: Directora
- Xefe de Estudos de Diurno
- Xefa de Estudos de Adultos
- 1 Representante do Concello
- 1 Representante dos Empresarios (con voz pero sen voto)
- Secretaria (con voz, pero sen voto)
- 7 Representantes do Profesorado
- 3 Representantes de Pais/Nais
- 4 Representantes do Alumnado
- 1 Representante do Persoal de Administración e Servizos
Nas presentes eleccións cómpre renovar aos seguintes membros por sectores:
- 5 Representantes do Profesorado
- 4 Representantes do Alumnado
- 3 Representantes de Pais-Nais
Toda a información relativa ó proceso electoral atoparase no taboleiro do vestíbulo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Circular alumnado | 269.14 KB |
Circular familias | 262.36 KB |
Circular Xunta Electoral Consello escolar | 275.71 KB |