Tres estudantes do IES García Barbón solicitan as Becas Europa
Tatiana Barja Rivero, Lucas Pardo Pardo e Santiago Pérez Salgado (estudantes de 1º de Bacharelato do IES García Barbón) veñen de presentar a súa licitude para participar nas Becas Europa.
É unha iniciativa que promove o Banco de Santander e a Universidade Francisco de Vitoria. O que se pretende é premiar e potenciar o talento dos
mellores estudantes preuniversitarios, coa finalidade de compartir unha viaxe de vinte días por unha boa parte de Europa.
Noraboa para os tres estudantes e moita sorte!