Admisión e matrícula en Bacharelato no IES García Barbón 2021-2022
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:
Reserva de praza para o centro ao que se estea adscrito: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Para poder realizar a xestión por internet, visitar a páxina:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión (alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito): do 1 ao 20 de marzo
Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#
Formalización da matrícula en bacharelato: do 25 de xuño ó 10 de xullo
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en bacharelato: do 1 ó 10 de setembro
As listaxes de admitidos e non admitidos publicaranse nos taboleiros de anuncios do centro educativo.
Para saber máis, visita:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849