A Xunta e os centros de Secundaria consensúan o adiamento do inicio do curso aos días 23, 24 e 25
Enviado por admin o Ven, 11/09/2020 - 17:18
Anunciouno hoxe o conselleiro, Román Rodríguez, logo de reunirse coa Xunta Autonómica de Directores e os xefes da Inspección educativa nas catro provincias
A decisión responde a criterios técnicos, co fin de facilitar a adaptación dos centros ás novas medidas de seguridade
Nesta semana a maiores incrementaranse as accións formativas para profesorado e alumnado en materia hixiénico-sanitaria
Mantense o inicio escalonado coa mesma distribución por cursos