Saltar navegación.
Inicio

Proxecto de elaboración dunha porta automatizada

O proxecto consiste na elaboración dunha porta automatizada para galiñeiro doméstico para o módulo de mantemento eléctrico-electrónico, no segundo curso do ciclo de Mantemento Electromecánico. 

A montaxe  faise mediante a programación dun microcontrolador con sensor crepuscular, de xeito que automáticamente vaise pechar pola noite e abrirse polo día.

O proxecto e a construcción do prototipo encadrouse na parte de control programado, e conta cunha serie denovas tecnoloxías coma:

- Deseño por CAD de pezas mecánicas e esquemas eléctricos

-   Fabricación de pezas coa impresora 3D

-   Programación do microcontrolador ARDUINO.

- Tecnicas diversas de mecanizado e construcción mecánica

- Publicación na Web de toda a información con licencia CC.

 

O traballo de equipo atendeu ás diferentes disciplinas que se trataron, potenciando así, por especialización individual, as mellores capacidades de cada alumno, e traballando a coordinación dos diferentes talentos dun equipo de traballo.

 Ademais, introduciuse un concepto novo que e a aprendizaxe colaborativa, nun contexto de “Crowdworking” virtual a través da publicación de todos os planos, deseños 3d, esquemas e programas nunha páxina web:

https://miguelmrtz7.wixsite.com/porta-automatica

Deste xeito o proxecto pasa a ser patrimonio tecnolóxico  global, xa que todo o software e hardware que se utilizou e libre, e todo se publicou baixo licencia CC.