Saltar navegación.
Inicio

bitácorea de Dinamización lingüística

CONCURSO MICRORRELATOS TERRORÍFICOS

24 F "Rosalía galega e universal"


Durante esta semana, e especialmente hoxe mércores 24, rememoramos a figura de Rosalía de Castro, pero tamén o facemos todos os días a través do uso do noso idioma; parte esencial da cultura galega e de Galicia, polos que tanto loitou a autora clave do Rexurdimento galego.

Facémolo a través de diferentes actividades encamiñadas a homenaxear o seu aniversario: percorrido virtual pola casa museo de Rosalía, recitado de poemas en varias linguas e escoita de temas musicados das súas letras nas versións máis actuais. Transcorridos 184 anos do seu nacemento, a escritora segue a ser o referente de Galicia e do universo.

 

Día Escolar da Paz e a Non-violencia

Celebramos o Día Escolar da Paz e a Non-violencia e facémolo dun xeito diferente, aínda que non poidamos estar uns ao lado dos outros. Facémolo a través da poesía, posto que a poesía onde existe tamén é vida e esperanza.

Máis ca nunca é preciso clamarmos a paz e a non-violencia para lembrarmos a importancia de defender unha educación no camiño da concordia, o diálogo, a tolerancia, a solidariedade e o respecto aos dereitos humanos.

Velaquí unha escolma de haikus creados por alumnado do IES García-Barbón para conmemorar este día, onde as palabras se unen na chamada á Paz e á Non-violencia nos seus diferentes sentidos. Podedes ter acceso a través da imaxe ou a través dos ficheiros adxuntos.

Distribuir contido