Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Dinamización Lingüística

Certame debuxo "A miña Rosalía"

   Dende o EDLG, e coa colaboración do Departamento de Galego, convocamos un certame de debuxo ao redor da figura de Rosalía de Castro. A idea é empregar as creacións do alumnado durante a celebración do Día de Rosalía, que terá lugar no noso Centro o venres 22, xa que o día oficial cae en fin de semana. 

Este é o enlace  do  cartaz da convocatoria

 

 

Bicos con Lingua

Aquí están as imaxes da  visita a Santiago para a representación teatral. Preme no enlace para velas:

 

https://youtu.be/U_5aVXnq6CQ

Teatro Bicos con Lingua

O luns 11 de febreiro o alumnado de 3º e 4º ESO asiste á representación no Salón Teatro de Santiago da obra Bicos con Lingua, de Talía Teatro. Aquí deixamos máis info da web da Compañía...

Entrega de Agasallos Concursos do Magosto

O venres 16 de novembro celebramos no Ies o Magosto. Logo dos xogos, que foron, un ano máis, todo un éxito, procedeuse á entrega de agasallos do “I Concurso de Sobremesas do Magosto”. Tras unha difícil deliberación (que non degustación, eso foi máis doado…) do xurado (grazas Quin, Olalla e Gloria), este foi o resultado:

 

 

Fallo do concurso SOBREMESAS DO MAGOSTO

 

 

Concurso Sobremesas Magosto 18

A comunidade educativa do IES Plurilingüe Fontexería celebrou o venres 9 de novembro parte do magosto ( xa que a climatoloxía impediu as actividades no exterior)... disfrutando do concurso de sobremesas coa castaña coma ingredente fundamental organizado dende este equipo.

Teatro "Elisa e Marcela" e visita á exposición de Castelao na Cidade da Cultura

  O pasado martes 23 de outubro, o alumnado de galego de 1º Bac tivo unha saída cultural a Compostela, onde disfrutaron de dúas actividades.

Preparando sobremesas

Parece que a convocatoria de sobremesas está tendo seguimento... a lo menos no Ximnasio, onde xa se ven e DEGUSTAN probas de posibles sobremesas para o Concurso... grazas Marta por difundir e participar

 

    

Preparando o Magosto

Un ano máis, o Magosto está chegando... e dende o EDLG queremos presentar unha proposta... que descubriredes no adxunto

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

Premio no I Certame de fotografía "Imaxes do Patrimonio"

O pasado curso 17-18, e durante o terceiro trimestre, dende este Equipo animamos ao alumnado a participar no  I Certame de fotografía "Imaxes do Patrimonio", convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica " Ponte...nas Ondas"

Logo de informar das Bases ao alumnado, dende o Taboleiro da Lingua e nas aulas, contamos coa colaboración de Carmen Fariña co grupo de 4 ESO, e Emiliano Mourenza, co alumnado de 2 Bac, e presentamos, logo dunha selección , cerca de 15 traballos ao Certame.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut