Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Educación física

CAMPIONATO INTERCOMARCAL CAMPO A TRAVÉS 22-23

O pasado 15/02/23 acudimos a Noia para disputar o campionato Intercomarcal de Campo a Través. Colleitamos uns resultados inmellorables, xa que logramos acadar primeiro posto en cadete masculino e cadete feminino , amáis dun meritorio posto en infantil masculino. No eido individual , logramos copar o podio na categoría cadete feminio cun 1º e 3º posto de Eva Formoso e Clara Uhía respectivamente. Na categoría cadete masculina Pablo Lestón acadou o 1º posto e Jesús García ó 2º posto.

 

PROXECTO DE VIDA ACTIVA DE DEPORTIVA 22-23 _ RECREOS ACTIVOS ll

Unha das novidades neste 22-23 foi introducir o Spikeball , deporte de colaboración oposición, con espazo compartido e participación alternativa. Despois dunhas primeiras aproximacións aos fundamentos técnicos e regramento, o alumnado xa comeza a afondar na comprensión do seu eido táctico , con similitudes cos deportes de pala/raqueta e ou rede. 

Proba disto, o gran ambiente que se vive durante os recreos!! GO GO GO 

SPIKEBALL _ REGRAMENTO

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA 22-23 _ RECREOS ACTIVOS

O proxecto de Vida Activa e Deportiva neste 22-23  foi deseñado polo grupo de traballo cun claro obxectivo, abordar a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento , dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado. 

CARTEL DE RECREOS ACTIVOS 22-23_ IES FONTEXERÍA

Programa Xogade _ Campionato escolar bádminton cadete 22-23 _ Serra de Outes

O pasado Xoves 1 de Decembro acudimos a Serra de Outes a participar na campionato escolar cadete de bádminton. Desfrutamos dunha gran mañan xogando o bádminton e coñecendo o alumnado doutros centros limítrofes. Agradecer a Secretaria xeral para o Deporte - Xunta de Galicia, a A.D.E As Rías e a A.D Xogando a súa organización e bo facer para que todo saise de forma inmellorable. 

Amosamos unhas imaxes da xornada. Noraboa a todos os participantes!!

 

Magosto22

 

 

O pasado venres 4 celebramos no IES Plurilingüe Fontexería os xa tradicionais Xogos do Magosto, e a posterior degustación de castalñas, desta volta por fin xa sen restricións. O alumnado, repartido en 20 grupos competiu nas dez disciplinas organizadas polo Departamento de Educación Física. Premendo na ligazón veredes as imaxes e videos que resumen a actividade

 

Flashmob 1 Bac

 

Resumo en vídeo e fotos da actividade que tivo lugar no segundo recreo deste martes 29 de marzo.

https://youtu.be/DPAJR1OWMho

Mulleres nos deportes

Durante este curso desde o Fontexería tamén quixemos darlle visibilidade e impulso á presenza das mulleres nos deportes. 

Actividades de Orientación e Piragüismo

Con motivo da suspensión das clases e actividades presenciais a consecuencia do COVID-19 non se levaron a cabo os campionatos e actividades que tiñamos previstos para o 3º trimestre. Foi unha mágoa, pero ben seguro que para o próximo ano o desfrutaremos o dobre. 

Campionato de Bádminton Cadete. Serra de Outes

Desta volta foron os alumnos da categoría cadete os que acudiron ó campionato de bádminton celebrado na Serra de Outes o día 10 de Marzo. Ainda que os resultados non foron tan bos como desexábamos, pasamos unha moi boa mañá dandolle movemento ó corpo. 

Campionato de Bádminton infantil. Serra de Outes

Os nosos alumnos de categoría infantil desprazáronse ata a Serra de Outes para desfrutar dunha mañá de Bádminton. Ademáis de competir, fixeron amigos e desfrutaron moito. 

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut