Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Funcionamento

A Biblioteca celebra o Día de Rosalía _rdc2024

Desta volta fixemos unha exposición de libros de Rosalía de Castro na Biblioteca do centro e as alumnas participantes no programa Bibliotecas Solidarias leron poemas na nova biblioteca do CEIP Ramón de Artaza, onde deixaron tamén un agasallo.

Programa Bibliotecas Escolares Solidarias

Primeira xuntanza do grupo de alumnas e profesoras que participan no programa Bibliotecas Escolares Solidarias. A actividade inicial foi a lectura da obra de teatro Eroski-Paraíso, de Chévere. Escollemos esta obra como punto de partida dun proxecto de traballo durante o curso, pola súa directa vinculación coa comarca muradá. 

Exposición "Saíndo dos Andeis"

Exposición preparada polo equipo da Biblioteca do IES Plurilingüe Fontexería de Muros, para dar a coñecer os fondos da mesma. Desta volta, e para iniciar as "saídas dos andeis", a coordinadora, Mª José Lago, escolleu Italia coma punto de partida, xa que varias xeracións de mozos e mozas do instituto viaxaron alí nas súas excursións de fin de etapa.

Lecturas na biblioteca: "Contos de terror"

 

Visita á Biblioteca de Galicia

Alumnado de 1º a 4º da ESO do IES Plurilingüe Fontexería-Muros visitou este luns 29 de maio a Biblioteca de Galicia, no Gaiás, así coma a exposición "Un bosque cheo de libros", como agasallo á participación e colaboración coas actividades da Biblioteca do Centro durante este curso 22-23

I Concurso de Lectura en Voz Alta

O día 28 de abril, na clausura da Semana Cultural, celebrouse a final do I Concurso de Lectura en Voz Alta, da que resultou gañadora Lara Iglesias Caamaño, de 2º ESO B.

 

Celebración do Día Mundial do Libro 2023 na Biblioteca do Fontexería.

Celebramos o Día Mundial do Libro na Biblioteca.

 

NA BIBLIOTECA CELEBRAMOS O 8 DE MARZO

NA BIBLIOTECA CELEBRAMOS O 8 DE MARZO

Día de Rosalía

Dende o pasado curso conmemoramos o Día de Rosalía o 23 de febreiro. E coma cada ano, o noso Centro súmase á celebración con diferentes actividades, inspirándonos, fundamentalmente, nas propostas da AELG.

Entrega de agasallos "Dígocho con (Des)amor 23"

 

Un ano máis o EDLG coa axuda do departamento de Galego e do equipo da Biblioteca convocou este certame de creación literaria. Desta volta presentáronse 15 traballos, e o xurado, trala lectura dos textos determinou:

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut