Uso seguro das novas tecnoloxías
O uso das TIC é cada vez máis imprescindible na vida cotiá e, polo tanto, nos estudos. Son unha considerable axuda na aprendizaxe e aumentan as opcións no lecer.
Pero os menores están expostos a moitos riscos co uso dos ordenadores. Entre outros:
- Ataques á privacidade.
- Acceso a contidos inapropiados (violentos, pornográficos, racistas,...)
- Ciberacoso.
- Sexting.
- Relación con descoñecidos.
- Adicción.
- Programas poden descargar e utilizar: ataques de virus, consecuencias legais da vulneración das leis (en particular da Lei de Protección de Datos e a Lei da Propiedade Intelectual).
Pero os adultos non sempre podemos estar xunto ao menor cando está a empregar o ordenador. Por iso queremos destacar nesta sección algúns consellos en colaboración coa Dinamización das TIC.
En Navega con Rumbo podemos atopar unha Guía para Nais e Pais con consellos para navegar por Internet.
Na OSI (Oficina de Seguidade do Internauta do Instituto Nacional das Tecnoloxías da Comunicación) hai unha guía rápida con estes consellos a nais e pais:
- Educa o menor sobre os posibles perigos que pode atopar na rede.
- Acompaña ao menor na navegación cando sexa posible, sen invadir a súa intimidade.
- Advirte ao menor dos problemas de facilitar información persoal (nome, dirección, teléfono, contrasinais, fotografías, etc.) a través de calquera canle.
- Desaconséllalle participar en charlas radicais (provocadoras,racistas, humillantes, extremistas, etc.) xa que pode facelo sentir incómodo.
- Infórmao de que non todo o que sae en Internet ten que ser certo, xa que poden ser levados a engano con facilidade.
- Presta atención ás súas 'ciber-amizades' nesta media que o fas coas súas amizades na vida real.
- Pídelle que te informe de calquera conduta ou contacto que lle resulte incómodo ou sospeitoso.
- Vixía o tempo de conexión do menor a Internet para evitar que desatenda outras actividades.
- Crea unha conta de usuario limitada para o acceso do menor ao sistema.
A sección Menores OSIofece máis información e consellos a nais e pais, a educadores e aos nenos sobre as ameazas e as ferramentas dispoñibles para evitalas. Dispón dun buscador de utilidades, como programas de control parental.
Chámase control parental ás ferramentas que permiten ás nais e pais controlar ou limitar o contido que un menor pode utilizar no ordenador ou accedendo en Internet. Hai dous tipos de programas de control parental: os que monitorizan e os que restrinxen. Os que monitorizan rexistran o que fai o usuario para, con posterioridade, revisalo. Non interfiren no uso dos equipos. Os do segundo tipo restinxen, limitan o uso segundo algún parámetro: tempo, horario, control da navegación,... Tamén en INTECO-CERT (Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación - Centro de Respuesta a Incidentes de Seguridad) hai un listado de aplicacións gratuítas de control parental.
Protegeles.com é un portal moi completo é útil. Este é un informe sobre o seu traballo. Elaboran estudos e ademais contén varios espazos interesantes:
www.portaldelmenor.com Portal lúdico e educativo que pretende ofrecer aos menores unha navegación segura por contidos de calidade.
www.micueva.com Rede social para menores,na que a seguridade xoga un papel principal.
www.exprimelared.com Para aprender a navegar da forma máis segura.
www.tecnoadicciones.com é unha liña de axuda para problemas de adicción ás novas tecnoloxías (TV. Móbiles, Internet, Videoxogos,…) e www.hacemosuntrato.com para a prevención de adiciones e a promoción de actividades alternativas de ocio.
www.quenoteladen.es Para a prevención do grooming ou acoso sexual.
Ciberfamilias é un sitio para coñecer mellor Internet e as cuestións sobre seguridade dos menores.
Guía para pais de videoxogos.
www.aporelsobresaliente.com Para aprender a empregar o teléfono móbil.
www.acosoescolar.info é unha liña de axuda a pais e nais sobre o acoso escolar e www.internetsinacoso.com para o ciberacoso.
www.masqueunaimagen.com é unha liña de axuda contra a anorexia e a bulimia e www.stop-obsesion.com contra a obsesión pola imaxe.
Na Axencia Española de Protección de Datos de Carácter Persoal atopamos información sobre os dereitos dos nenos e os deberes dos pais e nais para garantir a protección de datos.
Pantallas Amigas é un sitio que pretende promocionar o uso seguro e saudable das novas tecnoloxías e o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e a adolescencia. Conta cun completo catálogo de materiais, recursos educativos e lecturas. Non só se centra en Internet, tamén nos móbiles e os videoxogos. Netiquétate é un dos recursos interesantes co que conta e no que se poden aprender usos correctos nas redes sociais.
En Protege tu información pódese mellorar o nivel de seguridade coas TIC.
Internet en Familia é un sitio de formación e divulgación de háitos de navegación segura na rede. Tamén é interesante sitio Internet & Familia.
Informe Videoxogos e Educación, do Ministerio de Educación.
En PEGI podemos atopar o sistema de clasificación de videoxogos.