Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Sorteo para a constitución da Xunta Electoral para a renovación do Consello Escolar do IES Fontexería.

ANUNCIO DO SORTEO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
   De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o
calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 18/09), realizarase
proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.
   A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e
integrada por:
- O Director ou directora do Centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai ou nai ou titor legal.
- Un alumno ou alumna.
- Un representante do persoal de administración e servizos
   Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición
adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase
neste Centro o próximo día 21 de outubro, ás 12:10 horas.
   Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut