Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Nova oferta de Formación Profesional no IES Fontexería para o curso 2024-2025.

 

O IES Plurilingüe Fontexería oferta por primeira vez o Ciclo Superior de Mantemento Electrónico para o vindeiro curso 2024-2025.

O novo ciclo superior ten unha duración de 2000 horas en réxime ordinario e daralle continuidade ao xa existente Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas.

Para acceder ao Ciclo Superior de Mantemento Electrónico é necesario estar en posesión do Título de Bacharelato, Título de Técnico nun Ciclo Medio ou ter superadas as Probas de Acceso a Ciclo Superior.

Os módulos dos que está composto o Ciclo Superior de Mantemento Electrónico están repartidos en dous cursos, rematando coa obtención do Título de Técnico Superior en Mantemento Electrónico. Nestes dous cursos o alumnado aprende a manter e reparar equipamentos e sistemas electrónicos, profesionais, industriais e de consumo, así como planificar e organizar os procesos de mantemento, con criterios de calidade, aplicando a normativa e os plans de prevención de riscos laborais e ambientais.

Unha vez obtida a titulación, o alumnado ten a opción de traballar en empresas do sector servizos, tanto privadas como públicas, dedicadas ao mantemento e a reparación de equipamentos e sistemas de telecomunicacións, sistemas microprocesados, redes de banda larga, telemática e radio comunicacións, así como equipamentos industriais e profesionais de audio e vídeo, por conta propia ou allea.



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut