Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Aberto o prazo para a convocatoria de becas do MEC 2024/2025.

PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?

 

 

 

Para alumnos que no curso 24/25 estean matriculados en:

 

  • Bacharelato

  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados

  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior

  • Ensinos artísticos: profesionais e superiores

  • Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia

  • Ensinos deportivos

  • Estudos relixiosos superiores

  • Formación Profesional de Grao Básico

  • Ensino universitario: Grados, Máster...

 

 

 

COMO SOLICITALA?.

 

 

 

1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

 

 

 

2. REXÍSTRATE.

 

 

 

  • Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:

 

 

 

  • Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que te volvas a rexistrar.

  • Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.

 

 

 

  • Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:

 

 

 

  • Çon Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou

  • Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica.

     

 

3. ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.

 

 

 

4. IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACIÓN. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACIÓN:

 


DIRECCI
ÓN PARA REMITIR DOCUMENTACIÓN Á UNIDADE DE BOLSAS
XEFATURA TERRITORIAL DÁ CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

 

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

 

 

 

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)

     

  • PARA MAIS INFORMACIÓN: https://www.becaseducacion.gob.es

     

  • DURANTE Os MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO AO CORREO ELECTRÓNICO

  • Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.

 



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut