Entrega de agasallos III Certame de Video-creación Magostoxería
Como xa anunciabamos nunha anterior entrada, o venres 9 de decembro entregamos os agasallos do certame de vídeos na Biblioteca do Centro. O acto estivo presentado por Javier, Lucas e máis Noelia, que, xunto a María P. e Chus integraron o xurado.
- O primeiro premio correspondeu, pola calidade lingüística, a interpretación, a fonética, a dicción e pola magnífica produción, ao ao vídeo ."Castañas Cocidas", de Ismael Caamaño Figueiras , de 1º Bac.
- O xurado outorgou o segundo premio, pola orixinalidade e pola calidade das fontes de información a "Entrevista aos magostos pasados", de Lara Iglesias Caamaño de 2 ESO B
- E o terceiro premio, ex aequo, foi para un traballo colectivo con magníficos planos audiovisuais e a outro que incide na transmisión interxeracional. Trátase de “Pesadelo no castiñeiro” das alumnas de 4 ESO Paula, Antía Quintela, Adriana, Teresa, Antía Neira, Lucía e Nuria e de “O magosto en outra xeración” de Lucía Fernández Franco e Uxía Figueiras Mayo, de 1º BAC
Parabéns ao alumnado premiado a a todo aquel que participou. Moitas grazas tamén ao profesorado que colaborou na actividade . Se queredes ver as imaxes da entrega de agasallos, premede na ligazón: