Están tolos estes romanos!
A ligazón recolle nun vídeo a actividade desenvolvida no IES Plurilingüe Fontexería-Muros o venres 17 de xuño. O profesor Ramón Beltrán, do Departamento de Xeografía e Historia, coa colaboración de Alfonso Blanco, do Departamento de Latín e Grego e o EDLG coas imaxes, fala ante alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO sobre a vida dos romanos. Tamén houbo tempo para a moda, accesorios e utensilios diversos.