Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

PROXECTO RÍOS 2019

Un curso máis participamos no Proxecto Ríos.

A saída de outono fixémola ao río Longarela de Louro en xaneiro co alumnado de 1º de bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía, porque debido á escaseza de chuvias o río tiña moi pouco caudal e non podiamos analizar todos os parámetros físico-químicos e biolóxicos que se empregan para determinar a calidade das augas. Como Luchy, a nosa fotógrafa oficial e aúnica que ten xeito no departamento, non puido vir non temos reportaxe fotográfica. Un desastre. 

En marzo, visitamos a EDAR de Louro. A responsable do seu funcionamento explicounos como funcionan as plantas depuradoras e contounos como curiosidade que ela pode saber que está sucedendo en Louro polo tipo de residuos que chegan á depuradora e o horario en que chegan. Explicounos a importancia de non verter residuos de ningún tipo polos desaugadoiros para evitar un mal funcionamento da depuradora e o posible risco de contaminación dos ríos ou do mar (neste caso) se non se realiza unha depuración correcta.

Finalmente, en xuño e co alumnado de 1º de ESO, analizamos o río Valdexería. Algúns aproveitaron que facía soliño para darse un baño, outros bañáronse sen ter intención de facer, os cantos dos ríos esvaran!!! Desta vez si que contamos coa nosa reporteira.

 



Iniciar sesión: Acceso
page | by Dr. Radut