ACTIVIDADES PROXECTO RÍOS 2017/18
Un curso máis, o centro participou no Proxecto Ríos. Nesta ocasión, cunha novidade: cambiamos o río Valdexería de Muros, polo Longarela de Louro. Tamén, como en cursos anteriores, realizamos dúas saídas para facer un estudo completo da súa saúde ambiental, unha no outono e outra na primavera, co alumnado de 1º de bacharelato.
Ademais, durante a Semana Cultural, fixemos unha visita á depuradora de augas residuais de Esteiro, para coñecer os procesos a que se deben someter as augas residuais antes de vertelas ao medio.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes destas actividades.
Saída de outono.
Visita á depuradora de Esteiro:
Saída de primavera:
Unha ninfa de libeliña vista a través dunha lupa
A Tradescantia fluminensis, unha invasora moi estendida pola ribeira do Longarela.
Esqueleto dun arroaz que atopamos na praia de Area Maior, á volta da saída. Aproveitamos para repasar o sistema esquelético.