Skip to Content

Banco Libros Texto

A ANPA comunica a posta en marcha do banco de libros de texto. No documento adxunto está toda a información relativa ao mesmo.

A continuación un resumo do funcionamento e datas.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:
•  Recibirán  libros  as  familias  que  se  apunten  no  programa,  entregando  o  resgardo que  figura  polo reverso desta folla cuberto adecuadamente, xunto cos libros (isto último, salvo alumnado de 1ºESO).
•  O criterio de adxudicación será a orde de inscrición. O rexistro farase en función da data e hora exacta de entrega do resgardo na ANPA.
•  O requisito para participar no programa é entregar os libros usadosno curso anterior. Deste requisito quedará exentoo alumnado que se matricula en 1ºESO.

FUNCIONAMENTO DO BANCO DE LIBROS:
•  As familias achegarán os libros ao centro escolar cos datos que se piden na parte de atrás desta folla.
•  Os libros entregaranse na oficina da ANPAonde haberá persoas da asociación.
•  A ANPA non pode asegurar que recibirán libros todasas familias que participan xa que é posible que non haxa suficientes.
•  Quen non reciba libros en xuño deberá anotarse de novo en setembrose desexa participar na segunda convocatoria.
•  A  familia  beneficiaria  comprométese a  devolvelos  en  bo  estado.  Se  non  é  así,  quedará  fóra  do programa ao igual que quen faga un uso fraudulento dos libros recibidos.
•  Quen reciba chequepara a compra de libros debe devolver os recibidosdeste banco en caso de ser os mesmos.
HORARIOS DE ENTREGA E RECOLLIDA:
•  1ª convocatoria (entrega):
   30 de xuñode 11:30 a 12:30 horas.
   1-3 de xullode 12:00 a 13:00 horas.
   Avisarase da recollidapor correo electrónico, páxina web ou telefónicamente, antes do 11 de xullo.
•  2ª convocatoria:
   4 de setembro de 12:00 a 13:00 e de 18:00 a 19:00 horas.
   5 de setembro de 12:00 a 13:00 horas.
   Avisarase da recollidapor correo electrónico, páxina web ou telefónicamente, antes do 10 de setembro.

 

AdxuntoTamaño
Banco de libros.pdf75.16 KB


page | by Dr. Radut