Skip to Content

CONCURSO CONTRATACIÓN CAFETERÍA DO IES FERNANDO ESQUIO

 

ANUNCIO

 

Procedemento para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería do IES Fernando Esquío

 

Con respecto ás condicións xerais para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería do IES Fernando Esquío, cómpre facer as seguintes aclaracións:

 

 

1.- Datos orientativos sobre o canon e gastos por recibos de luz, calefacción e auga:

 

Segundo o procedemento para o cálculo do canon explicado na folla de condicións, e considerando os datos do curso 2013–2014 e o horario mínimo diario, a cantidade a pagar sería de 385 €/ano.

 

Considerando tamén os gastos por consumo de electricidade, auga e calefacción correspondentes a facturas anteriores, una vez aplicados os correspondentes coeficientes, as cantidades a pagar serían:

 

            *Electricidade: 124 €/ano.

 

            *Calefacción: 107/€ ano.

           

            *Auga: 3 €/ ano.

 

2.- Horario mínimo do servizo de cafetería.

 

Luns a venres de 08:15 a 14:15 horas e martes pola tarde ata as 19:00 horas (abrirá tamén puntualmente nos periodos nos que estean convocados Consellos Escolares, Claustros e reunións de avaliación).

 

O adxudicatario poderá facer una proposta horaria máis ampla.

 

 

3.- Lista de prezos de produtos de obrigada subministración por parte do contratista:

 

Seguirase o estipulado no punto 13 do prego de condicións coa seguinte salvedade: o contratista non está obrigado a incluír na súa oferta a totalidade dos produtos que aparecen na lista do Anexo III, senón que ten a liberdade de reducir dita lista de productos na súa oferta, respectando en todo caso, o referente á oferta mínima de produtos sen glute, específicos para persoas celíacas.

 

 

 

Neda, 6 de xuño de 2014

 

 

O director

 

 

 

Asdo.: Antonio Jesús García Bastida

 

 

 

 

 

Asdo.: Antonio Jesús García Bastida

AdxuntoTamaño
INSTRUCIÓN 4-2014 CAFETERÍAS.pdf2.41 MB


page | by Dr. Radut