Skip to Content

O IES Fernando Esquío no Minimarket Ferrolterra Emprende Xove

A Asociación de Novos Empresarios de Ferrolterra celebrou o pasado 27de maio venres no Centro Cultural Torrente Ballester o seu primeiro Minimarket Ferrolterra Emprende Xove. Un certame dirixido aos estudantes de ESO e Bacharel de Ferrolterra, Eume e Ortegal co que pretenden fomentar a iniciativa emprendedora entre os mozos.
Nesta primeira edición do Minimarket participaron máis de medio centenar de estudantes de catro centros educativos (IES Fernando Esquío, IES Concepción Arenal, IES Sofia Casanova e IES Mugardos) que presentaron 16 proxectos en total. 
Os nosos participantes non resultaron gañadores pero foi toda unha experiencia.
O certame desenvolveuse en formato feira, de maneira que cada un dos participantes dispuxo dunha pequena caseta.
Mini market 27 de maio 2016


page | by Dr. Radut