Teléfono 881930387 Código do centro: 15027216 ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal
Radio Esquío
- Artista: Radio Esquío
- Título: Ponte... nas ondas!
- Album: pontenasondas319
- Xénero: radiovisual
- Ano: 2016
- Duración: 14:18 minutes (6.55 MB)
- Formato: MP3 Stereo 44kHz 64Kbps (VBR)
Xa temos a primeira emisión deste curso dun programa de Radio Esquío. Podedes escoitalo directamente clicando na frecha ou no seguinte enlace.
Cada persoa ten unha experiencia única coa radio, un medio de comunicación que chega ao século XXI con novas posibilidades e con máis forza, se cabe, que noutras épocas. A UNESCO declarou en 2012, a instancia da Academia da Radio de España, o Día Mundial da Radio o 13 de febreiro, data da creación da Radio das Nacións Unidas en 1946. Desde entón cada ano hai unha temática abordada en cada celebración. A última foi a relación da radio coa xuventude. Neste sentido desde a Asociación Ponte... nas ondas! celebrouse este recoñecemento que viña ao encontro de dúas décadas de radio interescolar impulsadas por esta asociación. Neste ano 2016 a proposta a abordar é A RADIO EN TEMPOS DE DESASTRE E EMERXENCIA. A radio é o medio de comunicación de máis fácil acceso e o máis empregado en todo o mundo. Trátase do medio máis capilar, de máis penetración mesmo en comunidades remotas e marxinadas. Nos casos de emerxencia e conflito, desgraciadamente frecuentes na sociedade actual, a radio é unh a axuda fundamental para atender as necesidades máis inmediatas e mesmo chegando a salvar vidas. O poder informativo da radio e a súa repercusión social é cada vez máis importante contribuíndo a ser un piar fundamental da liberdade de expresión e do dereito á información. Por esta razón, propomos que a celebración sirva A radio chega ao século XXI reiventándose nos seus formatos aproveitando a aparición de novos medios como Internet. A radio 2.0 é xa unha realidade e o radiovisual (que Ponte... nas ondas! inventou na presentación do libro-disco NA PONTE ) é xa unha realidade. A radio faise máis viva e visible, os Podacast para consumo individualizado son xa tendencia imparable e os novos aparellos reprodutores están xa nas pantallas dixitais. Fai radio con nós